Avanzada

Libros

VIGO POR MAGAR I
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

VIGO POR MAGAR I

978-84-8302-920-6 / 9788483029206

DESCATALOGADO

Comentarios

Vigo por Magar constitúe unha síntese histórica dos últimos corenta anos da cidade olívica.
Historias de vidas anónimas e de esforzos ou tristezas colectivas. A soidade dos Herbello en 1962, os últimos habitantes de Cíes, o romance da Avenida de Beatriz, incrustado nunha pintada a brocha coa que un namorado quixo chamar a atención dunha veciña da que anos despois chamarían Avenida das Camelias; o estrondo dun atasco de tranvías en Policarpo Sanz (en 1967), pouco antes da chegada dos Vitrasas.
No libro amósase o esforzo das carrexonas do Berbés, das mulleres traballadoras do rural, das mariscadoras ou das empregadas de Regojo, presentes en varias fotos moi potentes. Ou a traxedia do naufraxio do petroleiro Polycomander, os incendios da Panificadora e do Hotel balneario de Mondariz, o choque ferroviario de Rande ou a chegada dos féretros do accidente do río Órbigo, acontecementos recollidos en instantáneas estarrecedoras. Tampouco faltan as escenas da ledicia do ?Gordo? que caíu na Seara ou o tipismo das romaxes de san Mauro, san Blas, que se mesturan cos concertos de Raphael en Castrelos ou de Madonna en Balaídos. Nin as visitas de Franco, a manifestación pola Autonomía ou os días de folga xeral, os conflictos do naval que Magar soubo recoller con espírito crítico e comprometido.
Nesta síntese apaixonada non faltan os retratos de tipos populares: Manolito Soler ou a Karina Falagan dos setenta; escenas dos vellos oficios desaparecidos: o sereno, os limpabotas ou a última fotógrafa da Alameda. Nin a presencia dunha longa galería de alcaldes; nin do deporte, dende o Vulcano de balonmán ao primeiro Celta europeo de xogadores galegos. Con todo, o eixo do libro, prologado fermosamente polo xornalista Fernando Franco, é a propia cidade de Vigo: dende o seu patrimonio desaparecido ata o proceso de crecemento urbano contemporáneo.
Vigo por Magar provoca no lector un recordo que non é pasado. As fotos deste libro serven para restaurar a memoria da cidade de Vigo.

Otros libros de la colección VARIAS

VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES
VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES

978-84-9121-587-5

VERNE, JULES, PADRON, DANI

AS INXURIAS DA GUERRA
AS INXURIAS DA GUERRA

978-84-9782-446-0

BARREIRO RIVAS, XOSE LUIS

O CIDADAN DO MES
O CIDADAN DO MES

978-84-9782-384-5

AMEIXEIRAS NOVELLE, DIEGO

QUE MEDO MAMA RAQUEL
QUE MEDO MAMA RAQUEL

978-84-9782-380-7

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

Otros libros la materia Fotografía.

Portada No Disponible
EN BLANCO INÉDITO

978-84-09-75062-7

SÁNCHEZ MONTALBÁN, FRANCISCO JOSÉ, PERALBO CANO, RAFAEL

Portada No Disponible
IMATGE I RECERCA

978-84-8496-330-1

Portada No Disponible
LES GENS QUE J'AIME

978-84-8496-325-7

Portada No Disponible
ATHLETIC CLUB GABARRA

978-84-09-74842-6