En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
«Pedro e o capitán» de Mario Benedetti, a pesar de ser concibida nun principio como unha novela, que o autor pensaba titular «O cepo», acabou sendo unha obra de teatro publicada en 1979. A presente versión en lingua galega, preparada por Francisco Pillado Maior, foi estreada na Coruña en 1993 polo G.T. de Amnistía Internacional. A obra constitúe un intento de comprensión da tortura, unha das manifestacións da violencia enxendrada por sistemas políticos represivos. Unha obra de teatro con dous únicos personaxes, o capitán (un militar torturador) e Pedro (un preso político torturado), que levan adiante un diálogo imposible. Os catro actos da obra están situados nunha sala de interrogación. A historia dun conflito que vai máis aló do meramente ideolóxico. O propio Benedetti advirte no seu prólogo que «esta peza constitúe unha indagación dramática na psicoloxía dun torturador. Algo así como a resposta a por que, mediante que proceso, un ser normal pode converterse nun torturador. A obra non presenta o enfrontamento dun monstro e dun santo, senón de dous homes, dous seres de carne e óso, ambos coa súa parte de vulnerabilidade e de resistencia. A distancia que hai entre eles é, sobre todo, ideolóxica, e, aí radica, talvez a clave doutras diferencias, que abranguen a moral, o ánimo, a sensibilidade perante o sufrimento humano, o complicado traxecto que media entre o valor e a covardía, a pouca ou moita capacidade de sacrificio, a fenda existente entre a traizón e a lealdade.» Mario Benedetti non pretende presentarnos a un torturador malnacido e desgraciado e a un torturado honorable, senón que pretende obxectivizar a situación fuxindo do maniqueísmo: é o enfrontamento de dous seres humanos. Así o autor uruguaio conclúe o prólogo da obra afirmando que «temos que recuperar a obxectividade como unha das formas de recuperar a verdade, e temos que recuperar a verdade como unha das formas de merecer a vitoria.»
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.