Avanzada

Libros

NIQUIÑAQUE O ULTIMO ROEDOR
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

NIQUIÑAQUE O ULTIMO ROEDOR

978-84-9782-017-2 / 9788497820172

DESCATALOGADO

Comentarios

O presente volume recolle dúas comedias de Cándido Pazó: «Ñiquiñaque. Pateticomedia rodante para dous actores» (premio Max ao Mellor Texto teatral en galego 2001) e «O último roedor». «Ñiquiñaque», estreada en marzo de 2000 en Santiago de Compostela pola compañía Ollomoltravía, enfronta a dous únicos persoanxes, Cosme e Damián, cómicos de legua duns trinta e tantos anos, que non se renden na procura do triunfo na escena. Ao longo de seis xornadas os cómicos tirarán derreados do seu motocarro e preparán un clásico "ñiqui-ñaque", unha nova versión de Montescos e Capuletos, unha función para dous actores que pretenden estrear diante dos responsables do Gran Ducado. Pola súa banda, «O último roedor» é o resultado dunha experiencia de escrita teatral a pé de escena levada a cabo por Pazó no II Marathon Européen de la Création Théatrale 2000 celebrado en Bruxelas con motivo da súa capitalidade europea da cultura. A obra foi estreada en francés en novembro de 2000, no Espace Senghor de Bruxelas, a cargo da compañía belga Canadair. En medio de todo o detrito do sumidoiro, o último roedor debulla unha interminable conta agardando a aparición das ratas e devorar a pútrida opulencia de centos de tetrabriks de tomate frito, supositorios e preservativos usados. Entre as augas esplendorosamente sucias dos sumidoiros, os roedores escriben as máis brillantes páxinas da súa historia, ata que son rescatados polo frautista que lles proporá abandonar o benestar das tebras e saír a campo aberto.

Otros libros la materia Literatura gallega. Teatro.

FABRICA DE FUME
FABRICA DE FUME

979-13-990985-1-8

ANA, CELINA

NON SON MODOS
NON SON MODOS

978-84-10324-98-5

GRAÑA MUIÑO, JOSE LUIS

A BURRA, A MESA E O PAU
A BURRA, A MESA E O PAU

978-84-453-5521-3

CONDE, LORENA

NADA SE SABE
NADA SE SABE

978-84-453-5523-7

LOURENZO, MANUEL, GARCIA, IGNACIO, REI, FRAN