Avanzada

Libros

IRMAN REI ARTUR
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

IRMAN REI ARTUR

978-84-8302-606-9 / 9788483026069

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre.
A primeira, "A tentación de Lanzarote", presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur.
Se "A tentación de Lanzarote" libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, "Amor de Merlín", libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade.
Tamén, no último relato, "A morte do rei Artur" propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .

Otros libros del autor REIGOSA, CARLOS G.

CRIME EN COMPOSTELA
CRIME EN COMPOSTELA

978-84-1110-326-8

REIGOSA, CARLOS G.

Portada No Disponible
EL MISTERIO DEL BARCO PERDIDO

978-84-16502-28-8

REIGOSA, CARLOS G.

Portada No Disponible
LA GUERRA DEL TABACO

978-84-16502-29-5

REIGOSA, CARLOS G.

Portada No Disponible
NARCOS

978-84-16502-34-9

REIGOSA, CARLOS G.

Otros libros de la colección FORA DE XOGO

QUERIDAS PANTASMAS
QUERIDAS PANTASMAS

978-84-1110-648-1

DE EVAN, ALBA

BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA, O
BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA, O

978-84-1110-612-2

FRAGA, ANTONIO M.

MALDICIÓN DO PAPIRO ALEXANDRINO, A
MALDICIÓN DO PAPIRO ALEXANDRINO, A

978-84-1110-570-5

GARCIA TURNES, BEATRIZ

I'M OBÉLIX
I'M OBÉLIX

978-84-1110-587-3

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, RAQUEL

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

CANDO MARCHAN AS LUCES
CANDO MARCHAN AS LUCES

978-84-1176-411-7

BLANCO POSE, AMALIA

CONTOS DO VALADOURO (EDICIÓN AMPLIADA 2025)
CONTOS DO VALADOURO (EDICIÓN AMPLIADA 2025)

978-84-19853-18-9

PISON, XESUS, LOURENZO, MANUEL, FERREIRA, ISAAC

GARZA ALUCINADA, A
GARZA ALUCINADA, A

978-84-18567-78-0

SILVA, IGNACIO, ALONSO RAMOS, NATALIA, FRANCISCO ROZADOS "ROCHI", ROBERTO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, AGRA, AGUSTÍN, INMA NÚÑEZ, YAÑEZ, ANTIA, REBOIRAS LOUREIRO, OSCAR, DO ROXO, CLARA

DE CANDO OS ANIMAIS TAMÉN ERAN XENTE
DE CANDO OS ANIMAIS TAMÉN ERAN XENTE

978-84-129489-5-0

LOURENZO GONZALEZ, MANUEL