Avanzada

Libros

O SEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

O SEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA

978-84-7507-884-7 / 9788475078847

DESCATALOGADO

Comentarios

Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón. Na perigosa travesía avistan a Caverna dos Tesouros, que arrastra o barco ata que se desprenden de todas as xoias e amuletos, podendo logo continuar camiño co mar embravecido e néboa. Entran pola Costa da Morte e aínda que non baten coa nave pirata dos terribles Pindos, as mulleres da Illa Lobeira atraen aos homes, devorando algúns ao chegar a noite, cando se converten en lobas. Chegan por fin a Findasol, cidade á que acoden peregrinos de todo o mundo para ver morrer o sol no mar. Pero os habitantes de Tule non se afacían á cidade e instaláronse en chouzas no campo.

Camiñando polo monte, Lazo atopou un día tres pedras, escoitou unha palabra tres veces e abríuselle unha cámara onde estaba unha vella vellísima: é a Custodiante do Segredo da Pedra Figueira, que contén a Sabedoría e todo o Ben. Proponlle que ela sexa a súa sucesora e viva alí illada custodiando a pedra e feliz coñecendo a Verdade. Pero ela prefire vivir a vida coas súas xentes. Aprendeu a labrar a terra e pescar e ás veces fica abstraída, porque sabe un segredo: o da Pedra Figueira.

O segredo da pedra figueira é, ao mesmo tempo, relato iniciático, parábola contra o poder e evocación de certos aspectos da nosa xeografía, historia e mitoloxía.

Otros libros de la colección FORA DE XOGO

QUERIDAS PANTASMAS
QUERIDAS PANTASMAS

978-84-1110-648-1

DE EVAN, ALBA

BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA, O
BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA, O

978-84-1110-612-2

FRAGA, ANTONIO M.

MALDICIÓN DO PAPIRO ALEXANDRINO, A
MALDICIÓN DO PAPIRO ALEXANDRINO, A

978-84-1110-570-5

GARCIA TURNES, BEATRIZ

I'M OBÉLIX
I'M OBÉLIX

978-84-1110-587-3

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, RAQUEL

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

CANDO MARCHAN AS LUCES
CANDO MARCHAN AS LUCES

978-84-1176-411-7

BLANCO POSE, AMALIA

CONTOS DO VALADOURO (EDICIÓN AMPLIADA 2025)
CONTOS DO VALADOURO (EDICIÓN AMPLIADA 2025)

978-84-19853-18-9

PISON, XESUS, LOURENZO, MANUEL, FERREIRA, ISAAC

GARZA ALUCINADA, A
GARZA ALUCINADA, A

978-84-18567-78-0

SILVA, IGNACIO, ALONSO RAMOS, NATALIA, FRANCISCO ROZADOS "ROCHI", ROBERTO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, AGRA, AGUSTÍN, INMA NÚÑEZ, YAÑEZ, ANTIA, REBOIRAS LOUREIRO, OSCAR, DO ROXO, CLARA

DE CANDO OS ANIMAIS TAMÉN ERAN XENTE
DE CANDO OS ANIMAIS TAMÉN ERAN XENTE

978-84-129489-5-0

LOURENZO GONZALEZ, MANUEL