En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Coordinado polo profesor Xulio X. Pardellas de Blás o presente volume proporciona arredor de catro grandes áreas e con análises diferenciadas (a historia, o dereito, a economía e máis a cultura) unha idea clara do presente e do futuro de Europa.
Así, Luís Domínguez Castro, doutor en Historia e profesor titular do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo, aborda o eido histórico na primeira parte do libro co traballo "Da pequena á grande Europa (1945-2004), onde se realiza un percorrido dende os pais fundadores e os comezos da integración europea e as Comunidades ata a análise dos procesos de de ampliación e o futuro da Unión Europea do novo século de vintecinco membros.
No segundo, Noemi García Gestoso, doutora en Dereito e profesora do Departamento de Dereito Público da Universidade de Vigo, aborda as cuestións relacionadas co dereito, dende a estrutura orgánica e competencias da Unión Europea ás principais características do dereito comunitario.
Xulio X. Pardellas de Blas, doutor en Economía e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, aborda no terceiro capítulo os aspectos relacionados coa economía, analizando dende a perspectiva histórica da integración, os efectos das políticas comunitarias sobre os mercados agrícolas, pesqueiros, a reestruturación do tecido social, ás políticas destinadas á eliminación das desigualdades rexionais e ás características da Unión Monetaria.
No derradeiro capítulo, Manuel González Piñeiro, doutor en Lingüística e profesor titular do Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo, aborda a análise da diversidade lingüística na Unión Europea.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.