Avanzada

Libros

HISTORIAS PARA CALQUERA LUGAR
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

HISTORIAS PARA CALQUERA LUGAR

978-84-8302-626-7 / 9788483026267

DESCATALOGADO

Comentarios

Historias para calquera lugar é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu número 100. Cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le.
An Alfaya escribiu "A muller prohibida", un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido.
Ramón Caride escribiu "A primeira aventura de Sheila e Said", que nos sitúa na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan. Un trepidante relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria.
Agustín Fernández Paz escribiu "As sombras do faro", un estremecedor relato de terror e intriga, coa presencia das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente en Pontebranca. Rememora as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentían por visita-lo outeiro do faro, onde non vai nunca ninguén.
Xabier P. Docampo escribiu "Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira", un conto cheo de humor. A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira; conmocionado polo golpe, dende entón farfallaba unha lingua que non entendía ninguén. Silvano era un neno simpático, para todos tiña algunha palabra amable que dicía con cara de risa, magoa que ninguén o entendera.
Miguel Vázquez Freire escribiu "A secta do can", un relato de ciencia ficción e intriga. Ax debe localizar, neutralizar e, se fose preciso, destruír á Secta do Can, un grupo de natureza descoñecida que intervén de forma reiterada en pantallas públicas e privadas, mediante mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Única Universal.

Otros libros del autor ALFAYA, AN

Portada No Disponible
O CORAZÓN DAS CASAS

978-84-1176-253-3

ALFAYA, AN

CORAZÓN DAS CASAS, O
CORAZÓN DAS CASAS, O

978-84-1176-189-5

ALFAYA, AN

LIBRO DA MÚSICA, O
LIBRO DA MÚSICA, O

978-84-9151-756-6

AUTORES VARIOS, ALFAYA, AN, MACEDA, BEATRIZ, FERNANDEZ REGO, FERNANDO, ALCAYDE DANS, LOIS, CASTRO, RAQUEL, LOPO, SANTIAGO, ANDRES, TAMARA

Portada No Disponible
PUB: SOLEANDO

978-84-9151-496-1

ALFAYA, AN

Otros libros de la colección MERLIN

RESCATE DO UNICORNIO, O (MUNDO OCULTO)
MILÚ E O EDIFICIO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS
MILÚ E O EDIFICIO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS

978-84-1110-584-2

TOME, ABEL

CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS), O
BOTELLA DE LENTELLAS, A
BOTELLA DE LENTELLAS, A

978-84-1110-409-8

BARBADILLO, LETICIA

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

CANDO MARCHAN AS LUCES
CANDO MARCHAN AS LUCES

978-84-1176-411-7

BLANCO POSE, AMALIA

CONTOS DO VALADOURO (EDICIÓN AMPLIADA 2025)
CONTOS DO VALADOURO (EDICIÓN AMPLIADA 2025)

978-84-19853-18-9

PISON, XESUS, LOURENZO, MANUEL, FERREIRA, ISAAC

GARZA ALUCINADA, A
GARZA ALUCINADA, A

978-84-18567-78-0

SILVA, IGNACIO, ALONSO RAMOS, NATALIA, FRANCISCO ROZADOS "ROCHI", ROBERTO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, AGRA, AGUSTÍN, INMA NÚÑEZ, YAÑEZ, ANTIA, REBOIRAS LOUREIRO, OSCAR, DO ROXO, CLARA

DE CANDO OS ANIMAIS TAMÉN ERAN XENTE
DE CANDO OS ANIMAIS TAMÉN ERAN XENTE

978-84-129489-5-0

LOURENZO GONZALEZ, MANUEL