En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
A historia que se nos conta transcorre nun tempo mítico e nun lugar, Baladouro, que pertence a un espacio identificable como o das terras do concello de Arteixo. Alí nace un neno, Estevo, e o cego de Baladouro prognostica que o naipelo estará dotado de estraños poderes.
O neno vai medrando e axiña se descobre que a profecía é certa, xa que Estevo ten poderes máxicos. O cego regálalle un libro, O libro Vermello, no que só o neno poderá ler; cando o saiba todo, as letras desaparecerán e o libro converterase en po.
O neno medra, aprende e a profecía cúmprese. Pero pouco despois comeza a chover sobre Baladouro cunha chuvia interminable, ameazando con asolagar todo. Curiosamente, a chuvia só cae sobre o seu lugar natal, polo que Estevo decide descubri-las causas do estraño fenómeno.
Estevo emprende entón unha sorte de viaxe iniciática, durante a cal vai coñecendo diferentes personaxes (un bibliotecario, unha meiga, unha Sombra, un vello escritor popular, un anano, un can mouro...) que lle van facilitando as pistas para que poida chegar a coñece-lo segredo que se agacha trala persistente choiva.
Finalmente, o segredo queda desvelado: un nubeiro é o que está a asolagar Baladouro. Estevo vai velo á súa cova e, gracias á forza da súa palabra, xa que o nubeiro devece por escoitar historias, consegue que faga desaparece-la maldición e Baladouro acabe salvándose.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.