En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989) foi unha das figuras máis destacadas da xeración do Seminario de Estudos Galegos e do núcleo histórico do galeguismo ourensán. Compañeiro de figuras como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas ou Xesús Ferro Couselo constituíu o último carballo da touza vizosa dunha xeración que tivo a Galicia como o seu único guieiro. Etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, Xoaquín Lorenzo percorreu infatigablemente os camiños, vales e castros de Galicia procurando atopar a auténtica alma popular galega. Autor dun xigantesco esforzo pioneiro de síntese descritiva dos aspectos tecno-económicos da nosa cultura tradicional e da fala e literatura popular, recollidos en cento vinte e tres traballos monográficos e no seu amplo estudo sobre a Cultura Material editado no segundo volume da "Historia de Galiza" dirixida por Otero Pedrayo, a figura de Xoaquín Lorenzo é indispensable para entender o saber popular labrego e mariñeiro á piques de esmorecer diante das transformacións sociais producidas na segunda metade so século XX. O presente volume, "Xoaquín Lorenzo. Vida e obra", preparado por Marcos Valcárcel, constitúe unha achega, á vez divulgativa e rigorosa, sobre o percorrido biográfico e a obra dunha personalidade, homenaxeda no Día das Letras Galegas de 2004, que tivo por oficio o soño de descubrir as raíces máis fondas de Galicia.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.