Avanzada

Libros

GUIA DOS CURROS DE GALICIA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

GUIA DOS CURROS DE GALICIA

978-84-9782-009-7 / 9788497820097

DESCATALOGADO

Comentarios

Guía dos curros de Galicia, é a primeira obra bibliográfica destinada a dar a coñecer e divulgar o fenómeno dos curros, un dos acontecementos sociais máis definitorios da nosa tradición. Preparada por dous especialistas, o veterinario Herminio Pose Nieto e o fotógrafo Eduardo Castro, iníciase cun breve percorrido histórico sobre a tradición da cría de cabalos ceibes en Galicia, para logo introducirnos integramente no suceder dos curros. Analízase a historia e orixe do Cabalo de Pura Raza Galega, esquecido durante moitísimos anos e que actualmente se atopa en perigo de extinción. Ofrécense algúns consellos prácticos á hora de visitar os curros. Descríbense os vinteún curros, presentados por provincias, que se celebran ao longo do ano en Galicia. Para cada curro ou rapa detállase o seu calendario e horarios, a súa situación xeográfica, os accesos, os servicios que nos podemos atopar, a historia do curro, o tipo de construcción e o desenvolvemento das tarefas durante a súa celebración. Unha detallada información textual, acompañada de mapas e fotografías sobre a ubicación e o desenvolvemento da rapa.
A presente guía categoriza e puntúa cada un dos curros de Galicia en función dos seguintes criterios: a tradición histórica da cría de calos en liberdade na zona de celebración do curro, o manexo dos animais, a non inclusión doutras actividades complementarias ao curro para darlle atractivo turístico, o respecto aos animais e a ausencia de violencia e malos tratos, as instalacións do curro (historia, forma, materiais, reformas, etc.), o emprego de cabalos do país nas prácticas habituais de manexo do gando e a presencia de Cabalos de Pura Raza Galega inscritos entre os acurrados.
É, pois, unha completísima e única guía que, mesturando información práctica e turística, pretende destacar tamén as raigames socioculturais destes acontecementos, ademais dos costumes de manexo do gando cabalar nas distintas comarcas e as diferentes tipoloxías das construccións dos curros.

Otros libros del autor AUTORES VARIOS

Portada No Disponible
AU, CACAU 2N PRIMARIA

978-84-7887-989-2

AUTORES VARIOS

Portada No Disponible
BRIDGE 1 ESO ACTIVITY

978-84-7887-981-6

AUTORES VARIOS

Portada No Disponible
CUENTOS PARA LEER JUNTOS

978-84-662-4449-7

AUTORES VARIOS

Portada No Disponible
GREAT EXPECTATIONS ILLUSTRATED

978-1-84679-436-0

AUTORES VARIOS

Otros libros de la colección VARIAS

VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES
VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES

978-84-9121-587-5

VERNE, JULES, PADRON, DANI

AS INXURIAS DA GUERRA
AS INXURIAS DA GUERRA

978-84-9782-446-0

BARREIRO RIVAS, XOSE LUIS

QUE MEDO MAMA RAQUEL
QUE MEDO MAMA RAQUEL

978-84-9782-380-7

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

TECNICAS E XOGOS COOPERATIVOS PARA TODAS AS IDADES
TECNICAS E XOGOS COOPERATIVOS PARA TODAS AS IDADES

978-84-9782-383-8

JARES, XESÚS R., R. JARES, XESUS

Otros libros la materia Geografía de Galicia.

Portada No Disponible
CIUDADES EN GUERRA, 1808-1814

978-84-96411-87-6

AUTORES VARIOS

Portada No Disponible
GOLPITAS E REPRESORES

978-84-8487-716-5

LAMELA GARCIA, LUIS

Portada No Disponible
MAR DE ARDORA, MAR DE GALICIA

978-84-124804-7-4

GARCÍA SUÁREZ, ANA MARIA