En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989),etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, foi homenaxeado co Día das Letras Galegas 2004. O presente volume, Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía, preparado por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, constitúe a achega máis acaída sobre o percorrido biográfico e autoral de Xoaquín Lorenzo. Precedida por unha presentación do Museo do Pobo Galego e dunha cronoloxía do autor, recolle centos de fotografías (a maior parte inéditas), textos e documentos organizados nas seguintes etapas: 1907-1923: A infancia e a mocidade. A descuberta de Galicia. 1923-1936: Os tempos do Seminario de Estudos Galegos. O compromiso coa Terra. 1936-1941: A fenda da guerra. Sobrepóndose á desfeita. 1941-1963: O traballo posible. Arqueoloxía e etnografía. 1963-1977: A ilusión dos novos tempos. A confianza na mocidade. 1977-1989: O fío da memoria. Tempo de homenaxes e recoñecementos. A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Clodio González Pérez ("Xocas: Biografía"), de Francisco Fariña e Xulio Rodríguez ("Dimensión arqueolóxica de X. Lorenzo"), de Xosé Manuel González Reboredo ("Don Xoaquín Lorenzo Fernández e os estudos da sociedade, a literatura oral e as crenzas da Galicia campesiña"), de Francisco Calo Lourido ("Xaquín Lorenzo Fernández e o mundo do mar"), de Francisco Fernández Rei ("A terminoloxía tradicional e a construción do galego estándar"), de Xosé C. Sierra Rodríguez ("Palabras e cousas. Achegamentos visuais ó coñecemento etnográfico"), de Segundo Alvarado ("Don Xoaquín Lorenzo, un solteirón, pais de moitos) e Xosé Lino Vázquez-Monxardín Blanco ("A lembranza dun bo e xeneroso"). O volume complétase cunha bibliografía de e sobre Xoaquín Lorenzo. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.