Avanzada

Libros

O BOSQUE DAS ANTAS
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

O BOSQUE DAS ANTAS

978-84-9782-273-2 / 9788497822732

20,50 €      comprar

Comentarios

De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. Agora é, con " O Bosque das Antas " , F.X. Fernández Naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un Ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con París, con Nova York, con Buenos Aires, con Leningrado. Este será un Ourense aberto a Oira (o paraiso), ao campo, ao mundo. E ao mesmo tempo, Fernández Naval incide nun tema recurrente e cada vez máis
solicitado da nosa narrativa contemporánea: o dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. Ourense e fascismo ligan " O bosque das antas " con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. E é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo autor se ergue con acentos propios. Dono do seu relato, Fernández Naval non permite que os eventos se lle alporicen. Controla, domina as causas; refrea as tentacións, sempre treizoeiras, da fantasía gratuita; é señor do seu discurso. Con palabras simples e claras sabe relatar un feixe de acontecementos, e lograr que nos interesen, e que prendamos neles. Obsérvase unha certa ascese que fai o lirismo comprimido, a nostalxia concentrada eficazmente no final da novela, as palabras todas máis duras do que estarían ordeadas en outros contextos algodonosos. Asimesmo, esta novela ten o acerto de ter moitos elementos novelescos, e sobranceando a todos a figura de Pierre Francesco, que figurará na galería dos nosos mellores personaxes de ficción.

Otros libros de la colección VARIAS

VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES
VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES

978-84-9121-587-5

VERNE, JULES, PADRON, DANI

AS INXURIAS DA GUERRA
AS INXURIAS DA GUERRA

978-84-9782-446-0

BARREIRO RIVAS, XOSE LUIS

O CIDADAN DO MES
O CIDADAN DO MES

978-84-9782-384-5

AMEIXEIRAS NOVELLE, DIEGO

QUE MEDO MAMA RAQUEL
QUE MEDO MAMA RAQUEL

978-84-9782-380-7

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

SARELA
SARELA

978-84-128407-9-7

TOJO, MARGA

TEMPO DE AMORAS
TEMPO DE AMORAS

978-84-128932-6-7

TEREIXA ROCA

TREBÓN DO NORTE, O
TREBÓN DO NORTE, O

979-13-990202-2-9

AGUNTIN AGRA

ODIO    (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)
ODIO (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)

978-84-1176-472-8

ROMERO DE ÁVILA, GABRIEL