Avanzada

Libros

LIBROS ARDEN MAL, OS
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

LIBROS ARDEN MAL, OS

978-84-9782-461-3 / 9788497824613

29,95 €      comprar

Comentarios

O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: "Non se pode falar nin calar sen perigo". A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular. A linguaxe dogmática da relixión e a fala carnal e erótica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicábel histórico.
A estrutura desta novela semella o dunha esfera armilar, composta por moi diferentes órbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, as pertenzas, os animais, as plantas, e as palabras, elas mesmas a moverse como seres vivos. Unha esfera armilar tamén no entrelazar de xéneros, cunha órbita maior, a ficción narrativa a xeito de thriller, no que o caso central é a historia dramática da cultura, que contén en círculos concéntricos a poesía, o ensaio histórico, a crónica xornalística, formas de literatura popular como as novelas do Oeste. Unha esfera tamén que entrelaza multitude de voces, nunha escrita encarnizada, sempre en vilo, que vai e vén entre os territorios da dor e o gozo erótico.

Otros libros del autor RIVAS, MANUEL

REVISTA LUZES 141, XORNALISMO EN TEMPOS DE BULOCRACIA
REVISTA LUZES 141, XORNALISMO EN TEMPOS DE BULOCRACIA

PEREIRO, XOSÉ MANUEL, RIVAS, MANUEL

REVISTA LUZES 139, O CANTAR NO TEMPO
REVISTA LUZES 139, O CANTAR NO TEMPO

PEREIRO, XOSÉ MANUEL, RIVAS, MANUEL

REVISTA LUZES, 134: VALENCIA, TEMPO EN CONTRA. NOVEMBRO 2024
REVISTA LUZES, 135: A INTELIXENCIA QUE CHEGA
REVISTA LUZES, 135: A INTELIXENCIA QUE CHEGA

PEREIRO, XOSÉ MANUEL, RIVAS, MANUEL

Otros libros de la colección NARRATIVA

ASKJA
ASKJA

978-84-1110-695-5

FRAGA, MANUEL A.

OBRAS PÓSTUMAS, AS
OBRAS PÓSTUMAS, AS

978-84-1110-693-1

GIRALDEZ, DIEGO

66
66

978-84-1110-696-2

QUEIPO, XAVIER

CONTA, SHEREZADE
CONTA, SHEREZADE

978-84-1110-653-5

TORO, SUSO DE

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

SARELA
SARELA

978-84-128407-9-7

TOJO, MARGA

TEMPO DE AMORAS
TEMPO DE AMORAS

978-84-128932-6-7

TEREIXA ROCA

TREBÓN DO NORTE, O
TREBÓN DO NORTE, O

979-13-990202-2-9

AGUNTIN AGRA

ODIO    (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)
ODIO (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)

978-84-1176-472-8

ROMERO DE ÁVILA, GABRIEL