En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura ?preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear ?evidentemente- do nada, pero si de case nada.
Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas; do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escaso valor; da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple. Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás en casos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo necesario.
Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máis ambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incrible complicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentemente mediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria; ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Desta forma podemos dicir que a arte ?avanza? obxectivamente.
O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesión de debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente en papiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos en cada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacional que todas e todos podemos entender facilmente.
A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora, e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares ou circunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite así mesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade.
En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla de papel coa súa perfección; e aplicaban a imaxinación e a habilidade para engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a unha arte común a todos.
O principiante precisará saber como obter un papel cadrado a partir doutras formas. Ou o de formas xeométricas regulares. Ou de diferentes proporcións, para o que poderá necesitar de regra, escuadras, tesoira, círculo ou semicírculo graduado... Aquí empezaremos mostrando o máis necesario.
Precisará tamén observar como se prega ben ou mal unha folla, para poder así depurar a súa propia forma de pregar.
Dentro do libro veremos 28 modelos de figuras ordenados polo seu grao de dificultade, moi aptas para o principiante.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.