En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Poucos filósofos como Kierkegaard supoñen un reto tan importante cando se trata de escribir unha obriña que sirva de introdución ao seu pensamento. Con Kierkegaard existen condicionantes obxectivos que apoian esta introdución.
En primeiro lugar, condicionantes intrínsecos. A obra de Kierkegaard é asistemática. Un traballo como este ten por forza que ser sistemático. Velaquí o primeiro atranco. Cando se trata de presentar o pensamento de Kierkegaard un ten que inventar certa sistematicidade metodolóxica, condenada a acabar sendo retroactivamente criticada, desde, preciasmanteo, o obxecto a ela reducido.
Ligado a isto temos que a obra de Kierkegaard é complexa, porque contén moitos elementos, enredados todos en interacción. Cada un require dunha boa dose de paciencia e atención. A complexidade ten que ver coa estrutura múltiple da obra. Moitos escritos distintos, mesmo moitos autores distintos.
Canda a estes condicionamentos intrínsecos está un extrínseco que é preciso mencionar. Nuns tempos en que as edicións de Kierkegaard só eran fiábeis practicamente en dinamarqués, estudosos, queréndoo ou sen querelo, colleron a parte que lles interesaba polo todo que ignoraban e voilà: escribiron os primeiros estudos sobre Kierkegaard. Este perfil que se creou en todos nós dificulta seriamente todo traballo de presentación.
Respéctase o formato da colección á que se suma o libro, se ben o apartado biografía ten un peso específico maior dada a importancia que a biografía ten na obra kierkegaardiana.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.