Avanzada

Libros

ECONOMIA DA EMPRESA 2º BACHARELATO  (2009)
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
,

ECONOMIA DA EMPRESA 2º BACHARELATO (2009)

978-84-92630-10-3 / 9788492630103

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

A empresa é o centro da actividade económica.O obxectivo da Economía da Empresa é mostrar que é e como actúa unha empresa no seu contexto económico e sociopolítico, analizando as súas características e funcionamento global.

O obxectivo, pois, deste libro é o de permitir coñecer a empresa encanto que organismo encargado de producir todo aquilo que a sociedade necesita, así como o seu funcionamento a través da análise das súas distintas áreas funcionais de actividade.

O Boletín Oficial do Estado do 6 de novembro de 2007 recolle os contidos mínimos do bacharelato e en concreto os referidos á materia de Economía da Empresa establecidos pola administración educativa. Dando continuidade a estes contidos, a Administración galega (DOG do 23 de xuño de 2008) aproba o currículo obxecto de estudo e, en función del, planifícase o desenvolvemento da materia. As modificacións introducidas no decreto xustifican a reelaboración do anterior manual de 2004 da mesma autoría, dando lugar a esta nova proposta que confiamos igualmente sirva para os fins para os que foi escrita.

A materia busca estudar a empresa, tanto desde unha perspectiva interna como das súas interaccións coa sociedade. Tendo en conta que a empresa é un organismo en constante adaptación aos cambios que se dan na sociedade, trata de entender a lóxica das súas actuacións valorando os seus resultados e as consecuencias da súa actuación, tanto desde o punto de vista social como ético ou ambiental.

O presente manual está estruturado en sete bloques de contidos, que recorren as diversas actividades da empresa, desde o concepto e as relacións co contorno até as diferentes áreas funcionais de actividade, e un anexo que servirá de guía para a elaboración dun proxecto empresarial. O primeiro bloque analiza a empresa e as súa función social, estudando o concepto, clases e relación co seu contorno. O segundo bloque analiza a empresa en funcionamento, en aspectos como localización, dimensión e crecemento. O terceiro céntrase na organización e os recursos humanos dentro da empresa. A partir de aquí estudaranse as distintas áreas funcionais da empresa, comezando, no bloque cuarto, pola función produtiva e os custos da produción, e continuando, do bloque quinto ao sétimo, coa función comercial, económica e financeira da empresa. En total, 14 capítulos que son tratados, didáctica e pedagoxicamente, dun xeito similar:

En cada tema un esquema conceptual inicial pretende, a modo de instantánea, mostrar unha idea xeral do seu contido; con posterioridade ao desenvolvemento dos seus contidos específicos, faise unha síntese daqueles elementos que constitúen as ideas clave, como indicadores dos conceptos de maior peso e resumo do tratado nas páxinas anteriores. Finalmente propóñense unhas cuestións e exercicios de autoavaliacións que, utilizando as máis das veces un formato de preguntas concretas serven para repasar e practicar o estudado. O currículo establece a necesidade de realizar un Proxecto de Iniciativa Empresarial que globalice todo o estudado.

A realización deste proxecto pode facerse de diversos xeitos, aquí suxírense dúas formas: 1) Seguir a orde dos bloques temáticos, polo que, ao final de cada un deles, e relacionados cos contidos tratados nos distintos temas, se presentan unhas actividades a realizar orientadas a confeccionar un proxecto. 2) Seguir o apuntado no último bloque ou específico do proxecto, en que os apartados pretenden dar contido ao que sería un Plano de empresa. Calquera das opcións pretende alcanzar o mesmo obxectivo: facer un plano de posta en marcha dun negocio. A elección dun ou outro dependerá do tempo ou a intensidade que se lle queira dedicar.

Otros libros del autor PRIETO, RAFAEL

SAN JUAN DE LA CRUZ -
SAN JUAN DE LA CRUZ - "DICHOS DE LUZ Y AMOR"

978-84-8353-716-9

PRIETO, RAFAEL, PRIETO RAMIRO, RAFAEL

JESUCRISTO ES EL SEÑOR: EL PODER UN NOMBRE Y DE UNAS LLAGAS
ESPESURA DEL AMOR, DIOS (CUARESMA Y PASCUA 2009)
ESPESURA DEL AMOR, DIOS (CUARESMA Y PASCUA 2009)

978-84-8440-419-4

PRIETO, RAFAEL

Otros libros de la colección < Genérica >

AXENDA BAIA 2025
AXENDA BAIA 2025

978-84-9995-460-8

BAIA

LINGUA GALEGA E LITERATURA, 1º BACHARELATO
LINGUA GALEGA E LITERATURA, 1º BACHARELATO

978-84-9995-400-4

AUTORES VARIOS

Portada No Disponible
AXENDA 2022 (ANUAL F.160X230 MM) BAIA

978-84-9995-383-0

AUTORES VARIOS

NOS FURADOS DAS ÁRBORES
NOS FURADOS DAS ÁRBORES

978-84-9995-349-6

MARKETA SPACKOVA

Otros libros la materia TEXTO

Portada No Disponible
FÍSICA Y QUÍMICA, 3ºESO. NIVEL 1. ADAPTACIÓN

978-84-129218-0-9

AUTORES VARIOS

MATEMATICAS ADAPTADAS, 1 APOYO ACADEMICO DE MATEMATICAS
THINKING SPACE B1+ STUDENT'S BOOK WITH INTERACTIVE EBOOK
THINKING SPACE B1+ STUDENT'S BOOK WITH INTERACTIVE EBOOK

978-1-009-15720-9

PUCHTA, HERBERT, STRANKS, JEFF, LEWIS-JONES,PETER

THINKING SPACE B1 STUDENT'S BOOK WITH INTERACTIVE EBOOK
THINKING SPACE B1 STUDENT'S BOOK WITH INTERACTIVE EBOOK

978-1-009-15719-3

PUCHTA, HERBERT, STRANKS, JEFF, LEWIS-JONES,PETER