En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Gonzalo de Francisco, autor tamén da guía Orientarse pola Ribeira Sacra. Viaxe ao interior editada por Baía Edicións, salienta na introdución do presente ensaio, subtitulada ?Recrearse nas lindeiras acuáticas. Viaxe ao Alén?, que a costa galega, orixinal pola súa especial configuración en innumerables cabos, rías, areais, xunqueiras, acantilados e baías resulta especialmente propicia neste encontro da terra e o mar, do sólido e o líquido, do concreto e o difuso, do aquén e o alén. Hoxe constitúe o espazo máis humanizado do país e desde o remoto pasado foi lugar de contacto do propio e o foráneo da mesma maneira que o camiño a Compostela propiciou a fusión e mestura de circunstancias diversas nun froito que foi sempre enriquecedor. Trátase de regresar a esa zona sutil, aparentemente tan coñecida, para obter a ánima exacta do presente, entendida no duplo sentido de momento actual pero tamén de regalo, que non debe ser desbotado sen interese nin sentimento.
(...) A contemplación do acuático leva á sensación do líquido, e a auga e as súas manifestacións van ser protagonistas da obra. Nela están recollidos símbolos universalmente compartidos, sobradamente do amor espiritual e carnal e outros aspectos que dan sentido ao título deste limiar que tamén marca un límite e unha porta franca para acceder ao coñecemento importante que aquí está presente. Nas profundidades imaxinativas do Sinbad de Cunqueiro, nun momento dado, o nauta manifesta que ?...o mar está por estudar...?. Da mesma maneira que os viaxeiros asomados no cabo de São Vicente, con silencio contido ante o misterio, adiante cara ao Alén.
Texto de Manuel López Torrente na presentación do 8 de maio de 2010 na Feira do Libro de Santiago de Compostela. Ver
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.