En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Este segundo volume do Epistolario Murguía recolle a correspondencia recibida polo Patriarca entre 1868, data da súa incorporación como arquiveiro a Simancas, e a morte de Rosalía en 1885. As últimas misivas do tomo, coas cartas de pésame, constitúen unha especie de homenaxe derradeiro de Galicia á súa cantora, axiña convertida no símbolo máis representativo do país. Unha vez máis nos dá ocasión esta colección epistolar de ver o que no seu día foron comunicacións privadas, case que íntimas, convertérense en documentos históricos de grande interese para a nosa cultura. Se por unha banda, na primeira parte do volume temos ocasión de certificar a ruptura de Murguía co seu editor Soto Freire, privándonos deste xeito de valiosísima información editorial, os horizontes informativos amplíanse coa incorporación de Milá i Fontanals e Antonio Machado y Álvarez, o pai do coñecido poeta. Estas incorporacións permítennos profundar no eido tan querido para Murguía da cultura popular, cerne da súa ideoloxía historiográfica. A través da correspondencia con Paz Novoa, ten presenza importante o debate sobre dos foros e o réxime de propiedade en Galicia, outro dos fíos conductores das inquedanzas do Presidente da Real Academia Galega. Pero tamén teremos ocasión de entrar na intrahistoria dunha das publicacións emblemáticas da cultura galega do XIX, a revista La Ilustración Gallega y Asturiana, que enlaza unha vez máis os nomes de Alexandro Chao, editor primeiro dos Cantares Gallegos de Rosalía, e Murguía. Polo demais non faltan as referencias á cultura xornalística e literaria galega, coa Pardo Bazán como pano de fondo, nas cartas de Segade Campoamor e tamén a alta política liberal, coas súas luces e sombras, que nos achega o deputado Ramón Rúa Figueroa. En definitiva, un mosaico de referencias culturais e políticas imprescindibles para comprender a construción diferenciada de Galicia.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.