En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Tres boas razóns motivan e xustifican este volume de pública e colectiva homenaxe a Xosé Luis Barreiro Barreiro. A primeira, de agradecemento pola súa longa e rica traxectoria de servizos á comunidade universitaria en calidade de director de Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social (2000-2004) e decano da vella Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación durante tres períodos consecutivos (1986-1991). Foi Xosé Luis o primeiro decano na historia da minerva compostelá que incluíu representantes dos alumnos no seu equipo de dirección, decisión que dá fe da súa irrenunciable convicción e permanente compromiso cunha real e efectiva política democrática de xestión das institucións universitarias. A segunda razón é dar a coñecer, a través dos traballos que aquí sobre el se publican, o importante labor a prol da vida cultural e filosófica en Galicia que o profesor homenaxeado ten realizado a través da creación de asociacións, sociedades e institutos de filosofía, como tamén da creación de revistas, a implantación de seccións de pensamento en institucións públicas e privadas e a creación de coleccións especializadas en filosofía en editoriais galegas. A terceira, recoñecer publicamente o seu labor de investigación e recuperación da historia do pensamento galego, a máis importante até o de agora realizada no noso país.
Xosé Luis Barreiro Barreiro non só foi profesor de moitos dos que aquí escriben senón un mestre na vida e na filosofía, que ten proporcionado, ao longo da súa dilatada traxectoria universitaria, mostras dunha bonhomía infrecuente nos tempos que corren.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.