Avanzada

Libros

GLOBALIZACION E IMPERIALISMO CULTURAL
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

GLOBALIZACION E IMPERIALISMO CULTURAL

978-84-9865-251-2 / 9788498652512

24,35 €      comprar

Comentarios

Nun mundo no que os medios de comunicación e o trafego cultural más celérico facilitan a posibilidade dunha "cultura global", dunha cultura tecnificada, mercantil e homoxénea, e dunha "industria cultural global" que se podería concibir -tal como escribe Manuel Outeiriño no limiar- como unha "nova tradición" mercantilizada, a do "folclore do capitalismo", é fundamental levar a cabo unha reflexión crítica sobre este fenómeno. Neste volume realízase esa crítica, que é a crítica do tópico do que se difunde co nome de globalización cultural, nome baixo o que, realmente, o que se difunde e imita é a cultura mercantil corporativa estadounidense e a produción e xestión cultural ao xeito corporativo das multinacionais. Os autores MARTIN ALBROW é profesor visitante distinguido na London School of Economics, profesor emérito da University of Wales e autor de The Global Age (1996). ARJUN APPADURAI (Bombay, 1949) é profesor de Ciencias Sociais da New School de Nova York, da que é director dende o 2003, escribiu, entre outros, Modernity at large: cultural dimensions of globalization (2006). ALEXANDER CALLINICOS (Zimbabwe, 1950) é director do Centro de Estudos Europeos do KingŽs College de Londres e autor de Contra o Postmodernismo (Laiovento, 1994). FRED HALLIDAY (1946-2010) foi catedrático na London School of Economics e profesor no Instituto Barcelona de Estudos Internacionais e experto no mundo árabe e Oriente Medio. ULF HANNERZ é profesor de antropoloxía social na Universidade de Estocolmo e autor de Foreign News (2004). DAVID HELD (Inglaterra, 1951) é catedrático de Ciencias Políticas na London School of Economics, autor de Global Inequality: Patterns and Explanations (2007). PETER MARCUSE é profesor emérito de Planificación Urbana na Facultade de Arquitectura da Columbia University de Nova York e autor da recompilación Globalizing Cities: A New Spatial Order? (Oxford, Balckwell, 1999) e Of States and Cities: The Partitioning of Urban Space (Oxford, Oxford U. P., 2002), feitas en colaboración con Ronald van Kempen. Tamén foi un dos recompiladores do volume Searching for the Just City (Londres, Routledge, 2009). HERBERT IRVING SCHILLER (1919-2000), sociólogo, foi un dos principais críticos dos medios de comunicación estadounidenses. Doutorouse na Universidade de Nova York en 1960. Entre as súas moitas obras salientan Communication and Cultural Domination (1976) e Culture Inc.:The Corporate Takeover of Public Expression (1989). MANUEL OUTEIRIÑO é poeta, ensaísta e tradutor. Actualmente é profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Otros libros de la colección ENSAIO

TOLAS QUE NON O ERAN, AS
TOLAS QUE NON O ERAN, AS

978-84-1176-409-4

CARMEN V. VALIÑA

BREVÍSIMA HISTORIA DO CONFLITO ENTRE ISRAEL E PALESTINA
FEIXE DE FLORES PARA GALICIA
FEIXE DE FLORES PARA GALICIA

978-84-1176-390-5

OUTES RUSO, XOSE LUIS

AUTOGOBERNO DE GALICIA, O
AUTOGOBERNO DE GALICIA, O

978-84-1176-375-2

CAAMAÑO DOMÍNGUEZ, FRANCISCO, JOVE VILLARES, DANIEL

ORDEN DEL CAPITAL, EL                 (LIBRO DEL AÑO FINANCIAL TIMES)
ORDEN DEL CAPITAL, EL (LIBRO DEL AÑO FINANCIAL TIMES)

978-84-129532-5-1

MATTEI, CLARA E.

CAMBIA LA ECONOMÍA Y CAMBIARÁS EL MUNDO
CAMBIA LA ECONOMÍA Y CAMBIARÁS EL MUNDO

978-84-18492-95-2

LEHMANN, LUIS

OCASO DEL ESTADO DEL BIENESTAR, EL
OCASO DEL ESTADO DEL BIENESTAR, EL

978-84-19979-63-6

BASCO, IGNACIO, RIERA, JOSÉ RAMÓN

SECUESTRO DE BITCOIN, EL
SECUESTRO DE BITCOIN, EL

978-84-414-4373-0

ROGER VER, STEVE PATTERSON