En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Neste novo libro-disco Xosé Carlos Caneiro, axudado pola voz de Emilio Rúa, agasállanos cunha viaxe poética moi singular. Nas súas propias palabras, tiradas do prólogo do libro, cóntanos: Quería cambiar o mundo: velaquí a razón da miña poesía. O mundo concreto e sensible, cercano: aquel que doía, levantaba, acariñaba ou cuspía. Quería cambiar o mundo, prometo. ( ) Creo que a poesía é o que fai mover o silencio. Non encontro definición máis certa para este libro de versos e cancións. Poema e canto. Para os gregos eran a mesma cousa; en realidade, cantor e poeta resultaban idéntica voz. Orfeo congregaba coa súa lira a homes e mulleres, tamén a ninfas e deuses e musas inspiradoras, para que contemplasen o movemento invisible do silencio. Ás veces choraban os seres reunidos, arrancadas as bágoas polo silencio. Ás veces repousaban a súa alma e deixaban correr entusiasmo: náufragos de ventura, felices. Como escritor non encontrei aínda maior felicidade que un poema que emocione a quen o escoita (creo que a poesía sen emoción é unha mentira máis; unha acrobacia intelectual, hermética, críptica e voraz: carcome a literatura). Recito. Sempre. Camiño por diante, asfalto, nubes, quilómetros, verso por verso. ( ) Con Despois de ti, a chuvia só pretendo mover o silencio. Emilio Rúa entendeuno. A súa sensibilidade danza en cada nota e transforma, transfórmanos. A poesía segue cambiando o mundo. Con perdón, afirmo.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.