Avanzada

Libros

CLAVE PHIDIAS, A
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

CLAVE PHIDIAS, A

978-84-92792-89-4 / 9788492792894

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

A Clave Phidias pode considerarse, utilizando o símil cinematográfico, unha novela en tres dimensións.

Unha primeira, a do entretemento, na que o seu obxectivo é desenvolver unha trama crible, con certas doses de intriga e capaz de captar o interese do lector que busca, ante todo, pasar un bo rato.
Atoparémonos coa seguinte sinopse:

Bernardo e Ramón son dous policías de idades dispares que traballan nunha cidade na que se cometeron unha serie de crimes que semellan estar vencellados. A chegada de Olmedo, un axente sagaz e un tanto excéntrico, precipita a escisión do equipo, transformándose a pescuda nunha loita de egos na que cadaquén tentará demostrar a súa valía. Mentres que o ímpetu dun deles levaralle a patear as rúas tratando de descubrir algunha pista, outro encargarase de analizar minuciosamente as probas atopadas. Altas doses de perspicacia e pericia ademais dun gran número de coñecementos musicais, matemáticos, históricos e lingüísticos se mesturarán nun xogo tramado a medida por un asasino escorregadizo. Acadarano? Serán quen de esquecer egos e desavinzas para conformar un equipo de traballo que funcione? Chegarán a tempo? Estes interrogantes levarannos a un final que sorprenderá a quen tome parte nesta trepidante investigación.


Existe tamén unha segunda dimensión, a da formación, na que se pretende aproveitar o fío narrativo para achegar unha serie de coñecementos en temas tan variados como a etimoloxía das palabras, a historia, as matemáticas, a música ou dar a coñecer o funcionamiento dalgúns departamentos dunha gran entidade bancaria. Isto permite, non só acceder a información que pode resultar de interese senón conseguir que o texto soporte con certa facilidade unha segunda ou terceira lectura.

E, por enriba destas dúas visións, incorpórase unha terceira, a da reflexión, coa intención de achegar algunhas ideas e conceptos que axuden a recapacitar sobre aspectos máis xerais como por exemplo a incidencia que teñen, tanto a nivel individual como social, as decisións tomadas por algúns no ámbito laboral ou a confrontación entre dúas visións que ás veces parecen ser antagónicas, a baseada na experiencia e a sustentada pola erudición.

Confórmase así esa visión 3D, tan de moda nestes tempos, onde o ritmo, o humor e o suspense xúntanse nun relato que atrapará ao lector.

Otros libros de la colección NUME

TREBÓN DO NORTE, O
TREBÓN DO NORTE, O

979-13-990202-2-9

AGUNTIN AGRA

PLUMA ENLOITADA
PLUMA ENLOITADA

979-13-990202-6-7

RAÚL HERRERA

REMAR
REMAR

979-13-990202-4-3

AUTORES VARIOS

VOZ SILENCIADA, A
VOZ SILENCIADA, A

978-84-129628-4-0

GUADALUPE VÁZQUEZ FORMOSO

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

NAIS
NAIS

978-84-9995-469-1

VALCÁRCEL, CHARO

ANTOLOXÍA DO CONTO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL
ANTOLOXÍA DO CONTO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL

978-84-1176-473-5

HARGUINDEY, HENRIQUE, BARRIO, MARUXA

AMAR AZAR
AMAR AZAR

978-84-1176-477-3

FRAIZ, JAVIER

COMANDANTES E FAMILIARES
COMANDANTES E FAMILIARES

978-84-1176-480-3

ALCALÁ NAVARRO, XAVIER