Avanzada

Libros

SON DO FOL: METODO INFANTIL PARA GAITA GALEGA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

SON DO FOL: METODO INFANTIL PARA GAITA GALEGA

978-84-615-7824-5 / 9788461578245

20,80 €      comprar

Comentarios

Foi nos anos noventa cando tiven a oportunidade de encetar o traballo con nenos pequenos e a súa iniciación á gaita. Eu non o tiña moi claro e ata estiven a punto de impedirlle a un neno de cinco anos (Bastian) que formara parte do grupo de catro nenos no que estaban María, Pablo e a miña propia filla Sabela todos eles entre cinco e sete anos de idade, a experiencia resultou moi gratificante pois descubrín como coa gaita galega de horizonte podiamos mergullarnos no mundo da música e na cultura tradicional. Fun creando día a día fichas de traballo e comprobando como a dinámica de grupo podía funcionar naquel contexto que daquela me ofrecía o conservatorio Mayeusis de Vigo no seu departamento de iniciación musical, decidín entón que algún día debería publicarse unha metodoloxía apropiada para os nenos que iniciaran gaita en idades de primaria…tiveron que pasar 10 anos para que noutras circunstancias (actividades extraescolares do CEIP de Belesar-Baiona), con tres nenas e tres nenos (incluido o meu fillo pequeno) poidera acometer esa idea do século XX e materializala para o século XXI. Volvín a retomar a carpeta dos anos de iniciación que impartira en Vigo e volvín a elaborar novos materiais con algo máis de madurez e sabiduría, habida conta de que neses anos que mediaron fixen a miña tese sobre as gravacións da música galega. Faltaba darlle un toque formal axeitado e atopar a editora propicia: Moncho Marín ilusionouse comigo e conseguiu uns diseños orixinais que nos namoraron e fixeron que a idea pedagóxica se achegara os cativos definitivamente. A asociación de gaiteiros galegos tamén asumiu o traballo como necesario e interesante e apostou por el. O resultado foi, é a edición na primaveira de 2012 deste SON DO FOL que pasará á historia como a primeira metodoloxía de gaita galega pensada e diseñada para nenos. Ogallá que este material permita que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas, no mundo globalizado e tecnolóxico que estamos a sufrir nunca van sobrar as inciativas que eduquen ós maís pequenos nas raíces da súa propia historia. Que así sexa.

Otros libros del autor ESTÉVEZ VILA, XAIME

Portada No Disponible
AS GRAVACIÓNS DA MÚSICA GALEGA (1975-2000)

978-84-453-4660-0

ESTÉVEZ VILA, XAIME

Portada No Disponible
AS GRAVACIONS DA MUSICA GALEGA (1975-2000)

978-84-89377-75-2

ESTÉVEZ VILA, XAIME

Portada No Disponible
GAITA NO EIDO DA MUSICA, A

978-84-404-0315-5

ESTÉVEZ VILA, XAIME

Portada No Disponible
ESO NO ESTABA (LEB) EN MI LIBRO DE LOS ROLLING STONES

978-84-1052-838-3

MUNIESA, MARIANO, ROMERO, MARISKAL

Portada No Disponible
TAIBO. VERSO LIBRE DA MUSICA GALEGA

979-13-990115-0-0

CANCELA MONTES, ALBERTO

Portada No Disponible
EL ESTADO DE LAS COSAS DE KORTATU

978-84-8381-301-0

HERREROS, ROBERTO, LÓPEZ, ISIDRO

Portada No Disponible
BLACKPINK. NUEVA EDICIÓN ACTUALIZADA

978-84-480-4349-0

BUSTER BOOKS