Comentarios
Cando está a piques de cumprirse o seu vinte aniversario, Ponte
nas ondas! decide lanzar unha recompilación da súa historia: NA PONTE, editado por PAI Música. Este traballo que pretende inmortalizar todo o significado desta experiencia recóllese en catro soportes (CD, libro, DVD e unha páxina web).
Neste proxecto conflúen alumnos, profesores, profesionais dos medios de comunicación, antropólogos, artistas, deseñadores e diferentes persoas e entidades que colaboran con Ponte
nas ondas! Esta unión, ao longo dos anos, fixo posible que unha modesta experiencia educativa se convertese nunha importante referencia no traballo transversal coa educación, a cultura, o patrimonio, as TICs e a comunicación.
Conxuntamente, dende o próximo 2 de decembro, desenvolverase baixo o nome NA PONTE AO VIVO unha experiencia radiovisual ao vivo que recorrerá Galicia e Norte de Portugal para achegar esta experiencia a cada recuncho da Eurorrexión.
O LIBRO
Duascentas páxinas nas que se describe a diversidade de ámbitos de actuación de Ponte
nas ondas! e se recollen as achegas realizadas por personalidades de cada unha das áreas que conflúen arredor desta experiencia. O ilustrador e debuxante Andrés Meixide é o responsable do diseño gráfico.
O CD
É unha paisaxe sonora pola que van pasando as colaboracións que artistas de tres continentes realizaron para Ponte
nas ondas! Ábrese cunha Suite, de Xosé Manuel Budiño, que sintetiza sonoridades e expresións dunha ponte configurada por voces de alumnos, artistas e locutores radiofónicos. A partir desta primeira composición, os temas vanse alternando nunha sucesión introducida polas voces dos alumnos que nos achegan a Recife, Maputo, Santiago, Sao Paulo, Luanda ou Madrid da man de artistas como Lenine, Timbila Muzimba, Xoan Curiel, SocorroLira, Aline Frazao ou Luis Pastor. 23 cancións que navegan nas ondas.
O DVD
Contén unha mostra de diferentes contidos audiovisuais,tamén pensados para as aulas:
· A documental Pontes nas ondas
· Os videoclips.
· Extras: Contamos no mundo. Recolle a importante colaboración realizada polos narradores orais de Galicia e Portugal. Un recoñecemento ao importante labor que realizan estes novos trobadores na transmisión do patrimonio oral galego-portugués, como Cándido Pazó, Carlos Blanco, Paula Carballeira ou Clara Haddad.