Avanzada

Libros

Portada No Disponible
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

PORTICO POETICO DOS SEIS POEMAS GALEGOS DE FEDERICO GARCIA LORCA, O

978-84-92923-26-7 / 9788492923267

AGOTADO

Comentarios

Elaborada por Luís Pérez Rodríguez, esta obra pretende recompor, a través do discurso de Blanco Amor, a posíbel historia do nacemento e escritura dos "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca. Alén da reprodución destes poemas, a obra conta con numerosos documentos (cartas, fotografías, partituras, etc.), froito da relación do poeta granadino con Galicia e cos seus amigos galegos.

Aínda que a metodoloxía da investigación literaria se ten difundido ó longo, ó ancho e en profundidade, en xeral mantén nos nosos días unha calidade estimable, que apreciamos os que frecuentamos estas lecturas; rara vez se encontra, sen embargo, un libro desa clase que apareza sen mácula, é dicir, sen erros nin descoidos ou fallos deste ou daquel grosor. No libro que tes nas túas mans, lector, o rigor da investigación revela a esixencia que o autor impuxo a si mesmo para non deixar cabo por atar nin para caer en ningunha lixeireza. Unha mente clara e rigorosa, profundamente analítica, implacable e crítica consigo mesma, garante a perfección dun traballo abordado, primeiro con saber e logo con paciencia, para ir estudiando paso por paso ata os máis leves matices dos textos orixinais, sen deixar escapar ningunha posibilidade que puidera non aclarar dúbida ningunha ou equívoco. A aplicación de Luís Pérez ó traballo elixido e, polo tanto, amado, é froito, ante todo, dunha forte capacidade de penetración no máis escuro, no máis dubidoso e variable, no máis resistente a unha interpretación indiscutible e, polo mesmo, única e segura, inaccesible a calquera desconfianza, a calquera sospeita, a calquera dúbida. Cando Luís Pérez mantén ou non acepta esta ou aquela apreciación é inútil sometela a xuízo. Sempre está fundada moi firmemente nunha investigación e nun razoamento imbatibles, nunha explicación sen unha soa fisura, sen unha soa fenda, sen ningún punto feble por onde poida crebar.
Desde que un bo día se presentou na miña casa un descoñecido, como para min o era daquela Luís Pérez, á primeira ollada, no primeiro intercambio de palabras, decateime que estaba diante dun investigador nato e especialmente preparado para o empeño que o guiaba e que me manifestou sumariamente e con claridade meridiana. Tratábase de afondar nos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. O profesor Pérez sabía que se escondían algúns tesouros na miña biblioteca, se se me permite denominalos así, ós que lles viña seguindo a pista. Tamén desexaba oír o meu testemuño verbal que, como é natural, non lle neguei, sobre o meu coñecemento da figura do poeta. Hai xa moitos anos que eu publiquei en El Español, en 1945, o primeiro artigo sobre García Lorca que non bateu coa censura, que daquela gobernaba especialmente para temas comprometidos desde a perspectiva política de entón. Teño que confesar que non as tiña todas comigo cando me atrevín a abordar publicamente o tema do meu traballo que titulei: «García Lorca, poeta gallego. Un viaje a Galicia del cantor de Andalucía» e que trataba sobre un personaxe daquela maldito, a quen eu, se non estou errado, era o primeiro que ousaba eloxiar sen retraemento en público. Dábase, ademais, a particularidade de que o director daquela revista, a quen eu dirixía tamén unha carta asociada ó meu texto, era, precisamente, quen pasaba por ser o máis severo e intransixente censor da época. Aínda hoxe non acerto a comprender como tentei aquilo. E, sen embargo, cando menos o agardaba, Juan Aparicio, xustamente o máis temido gardián da ortodoxia entón vixente e a quen eu non coñecía, respondía á miña carta con outra franca e aberta na que se mostraba disposto a compracerme. E así, ós poucos días, podía eu lelo, cunha mestura de asombro e orgullo, ocupando toda unha páxina de El Español e só con algún leve engadido, non significativo, ó título redactado por min. Agradecinllo moito e pensei que, ás veces, o león non é tan fero como o pintan. Repito que foi moi grato para min abrir, por primeira vez, a porta do reducto en que ata entón estaba clausurada a figura proscrita daquel meu amigo glorioso: Federico García Lorca. Naturalmente, Luís Pérez non era precisamente un neófito en estudios lorquianos. Sabía todo o que podía saberse e tíñao, coma min mesmo, na máis alta estima. Non só era o aplicado profesional da investigación literaria á que no comezo me referín. Tan pronto como empezamos a falar de Federico García Lorca, vin ás claras que ós seus dotes de intérprete de textos, con criterio estrictamente profesional, unía unha grande sensibilidade para percibir o último e máis fondo latexar dos poemas de García Lorca que pensaba desvelar, para que outros sentiran o que el sentía e eu mesmo, coñecedor moi temperán daquela poesía que se fraguou case diría que ó meu lado, se isto non resultase presuntuoso.
Coincidimos plenamente nas interpretacións e nas valoracións daqueles poemas, nacidos na calor da súa estadía en Galicia, anque o seu total desenvolvemento tivera lugar en Madrid, coas intervencións alleas que Luís Pérez coñecía ou intuía e que a min mesmo me resultaban case novas de todo, se ben nunca me abandonou a sospeita de que foran outras mans as que se pousaran na esencia do lorquiano, mesmo no don da súa palabra orixinal, aínda cuberta co manto doutro idioma que non era o seu, segundo eu ben sabía, porque me constaba ata onde chegaba o seu dominio por García Lorca e onde se detiña. Nunca puiden crer que aquel galego tan perfecto fora obra exclusivamente súa. Escuso dicir que, ó que eu xa supuña (sen afondar no delicado tema tan ligado ó da autoría total ou parcial daqueles versos) viña a reforzar o meu punto de vista, meramente superficial, a seguridade científica que emanaba das análises de Luís Pérez. Insisto en que, non xa por criterios estrictamente científicos, con frecuencia fríos e algunha vez demasiado terminantes e ata rebuscados, senón pola sensibilidade do meu novo amigo, eu contaxiábame con facilidade das súas razóns e adiviñacións. Admirábame como a aridez da gramática e da lingüística, da que se valía o profesor Pérez, coincidían co seu refinado gusto literario que completaba as súas interpretacións. Aquela tarde revolvemos a miña biblioteca e o meu arquivo e alí Luís Pérez descubriu, guiado polas miñas indicacións, bastantes novidades e sorpresas. Viu as cartas que me enviara Federico desde Madrid e que xa publicara no seu boletín a Fundación Federico García Lorca, as dedicatorias dos seus libros e doutros alleos que me facía chegar desde Madrid a Santiago, como o facía con outros dos comúns amigos que o acolleramos e coñeceramos en Galicia. Atopou tamén os debuxos naïf cos que adornaba as páxinas que percorrerían en exposicións itinerantes as cidades principais de Europa e América. Eu gardo eses que chamo tesouros, porque o son, co maior celo. E, como non me gusta reservar para min só o seu gozo, téñollelos facilitado a diferentes amigos, con destino ás súas publicacións. Polo tanto, para Luís Pérez, que inclúe neste libro os autógrafos e debuxos de García Lorca, un

Otros libros del autor PEREZ RODRIGUEZ, LUIS

Portada No Disponible
PORTICO POETICO DOS SEIS POEMAS GALEGOS, O (ESGOTADO)

978-84-87172-05-2

PEREZ RODRIGUEZ, LUIS

Otros libros de la colección AUTORES & TEXTOS

MELODÍAS GALEGAS DE JOSE BALDOMIR RODRÍGUEZ
MELODÍAS GALEGAS DE JOSE BALDOMIR RODRÍGUEZ

978-84-92923-91-5

VISO SOTO, MARGARITA

ESCRITOS E AUTORES NA GALICIA DA ILUSTRACION
ESCRITOS E AUTORES NA GALICIA DA ILUSTRACION

978-84-85728-16-9

MEIJIDE PARDO, ANTONIO

(G).MORTE EN KINGSTON ROAD.(NARRATIVA)
(G).MORTE EN KINGSTON ROAD.(NARRATIVA)

978-84-9995-463-9

ALCAÑIZ LORENZO, CARMEN

Portada No Disponible
A LEI DO MAR

978-84-1110-727-3

ESTEBAN, MANUEL

Portada No Disponible
A VINGANZA DE PAQUIÑO JACKSON

978-84-1110-725-9

GUZMÁN, ALBA