En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois Pérez Leira (como coordinador), a historiadora Dolores Vieites Torreiro, o xornalista e intelectual arxentino Osvaldo Bayer, e o sindicalista Manuel Mera recuperan a figuran de Antonio Soto Canalejo, "O galego Soto", líder que foi da revolta obreira da Patagonia arxentina nos anos vinte. O libro estructurado en catro partes, correspondendo cada unha á contribución de cada un dos autores, aparece dentro dun novo formato da colección "Crónica", apoiado por unha estensa e coidada documentación fotográfica, a maior parte dela inédita ata hoxe en Galicia.
Antonio Soto, alto rubio e de ollos claros, naceu en Ferrol en 1897 e chegaría a Buenos Aires a unha idade temperá, cando a cidade arxentina era un fervedeiro de folgas e manifestacións, que tiñan por fin reclamar mellores condicións de traballo e salario para a clase obreira. A vida de Soto quedou inmortalizada na película dirixida por Héctor Oliveira, que protagoniza o actor Federico Luppi, La Patagonia Rebelde e no recente documental de Xan Leira, estreado en Canal +.
O presente volume pretender difundir en Galicia e recuperar para a súa memoria colectiva unha figura descoñecida aquí, pero que constitúe un auténtico mito na historia da Arxentina de hoxe. A vida de Soto estivo envolta na loita obreira. A pouco de chegar a Río Gallegos foi elixido secretario xeral da Federación Obreira da Poboación. Alí xunto a outros traballadores da hostelería e da lá, protagonizou unha folga de protesta para reclamar, entre outras cousas, un salario de oito horas, cama digna, candeas e alimentos. As sublevacións, alentadas na súa maioría por emigrantes galegos, animan ó exército arxentino a actuar e sofocar as manifestacións. Para isto, enviou tropas para dobregar ós folguistas co resultado da morte de máis de 1.500 traballadores. Un auténtico xenocidio que constitúe unha das páxinas máis negras da historia arxentina.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.