En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Para conmemorar o segundo centenario do nacemento do poeta Francisco Añón, Editorial Galaxia publica, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, unha antoloxía da súa obra poética acompañada por unha introdución biográfica. Ramón Blanco é o autor do relato biográfico e tamén se encargou de seleccionar e editar os textos desta nova edición da obra do poeta de Outes. Francisco Añón é un dos autores fundamentais na historia da poesía galega do século XIX. A obra seleccionada nesta antoloxía inclúe as diferentes facetas ou rexistros líricos do poeta, que non publicou libro ningún en vida, polo que agrupar a súa obra ten unha grande importancia de cara ao seu maior coñecemento e difusión. Francisco Añón (Outes, 1812 - Madrid, 1878) foi revestido dunha sona de poeta romántico, aventureiro e bohemio que contribuíu a ocultar un gran talento para a versificación, un amplo dominio lingüístico e unha fonda cultura. O paso polo seminario e pola universidade torceron o camiño de quen nacera labrego para convertelo, entre o popular e o libresco, nun dos primeiros e senlleiros escritores galegos no século XIX. Para gañar a vida foi profesor, libreiro, tradutor, arquiveiro e mesmo secretario. De ideoloxía progresista, uniuse ao movemento provincialista e chegou a militar no federalismo republicano. Cando morreu, a maior parte da súa obra estaba dispersa en xornais ou inédita; poucos intuían que o seu himno "A Galicia" fora o facho que en 1861 prendera a mecha do Rexurdimento.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.