En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Esta novela, cuxa publicación en 1998 supuxo a consagración internacional de Orhan Pamuk, está a partir de agora ao dispor dos lectores e lectoras galegos. É a sexta novela do Premio Nobel de 2006 que se publica no noso idioma, todas elas na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración do Concello de Santiago. A fins da década de 1590, o sultán de Istambul encarga en segredo un gran libro: unha homenaxe á súa vida e ao seu imperio que os mellores pintores da época deberán iluminar... á maneira dos europeos. Mais, sen que se saiba a causa, un dos miniaturistas é asasinado. O pintor morto, foi vítima da rivalidade profesional, de celos amorosos ou do fanatismo relixioso? Alén dun misterio apaixonante, Chámome Vermello encerra unha meditación sorprendente sobre o amor, a dedicación á arte e as tensións entre o Oriente e o Occidente. Velaquí algunhas opinións da crítica internacional: "Esta novela é formalmente fantástica, ocorrente e asemade trata de cuestións fundamentais. [...] Pamuk transmite dun xeito totalmente convincente a textura emotiva, mental e física, da vida cotiá." (Dick Davis, Times Literary Suplement) "Máis ca calquera outro libro que se me ocorra, capta non só as contradicións pasadas e actuais de Istambul, senón a súa terrible beleza atemporal. É case perfecto, noutras palabras." (Maureen Freely, New Statesman) "Fabulosa, desconcertante, emocionante... Radicalmente distinta á novela histórica de misterio tradicional en Occidente... É unha novela prodixiosa, onírica, apaixonada e augusta, exótica no sentido máis orixinal." (Philo Hensher, Spectador)
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.