En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Extintos básicos, un libro sobre a memoria da infancia na Meira do Morrazo do autor: os grosos muros de pedra do colexio de curas de Vigo na atmosfera seca da posguerra; as rosas da casa da avoa e dos Romanos perto da illa de Sanmertolameu; os xogos no xardín de dona Carmela e do señor Ribas a quen o autor acompañaba en lenta camiñada a tomar os vasos ás beiras da praia; as paseatas pola ponte do río da Laxe, na chamada Rota do Colesterol; o quentor cordial do namoricar primeiro, nun recuncho detrás do palco da orquestra que ficaba disimulado polas ponlas baixa dunha mimosa; o divertido acontecer de Laureano o da Droguería e do ficus da Caixa de Aforros; as nogueiras da Casa Grande do tataravó; as doces enfermidades da nenez, arroladas polos loureiros que danzaban recortados no lonxe pardo ou nun ceo de nubes brancas; os días da vendima na casa do tío Pedro; as hedras do eido de don Mario; as cereixas da consulta de dona Clara... Extintos básicos é un breve tratado de botánica sentimental, de busca do soño perdido no recuncho fluvial das follas tenras dunha nogueira, un xeito de agocharse na frescura da sombra dos loureiros e poñerse alí a axexar o mundo. Flores e árbores coa súa simboloxía sentimental: a hedra e a amizade; a gardenia a flor do bolero, a madreselva a do tango; o cheiro doméstico da ruda, no territorio íntimo da nai; o arrecender da resina, misterioso, esencial, capaz por si só de suxerir a esperanza de que existan xardíns eternos, perdidos en calquera inmensidade. Libro singular, cheo de aromas, olores, arrecendos, fermosamente escrito, coa estirpe e o celme da lingua familiar.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.