En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Galiza Sempre edita unha nova publicación analizando a crise actual do goberno económico da Unión Europea. En palabras do seu autor principal, Xavier Vence: o diagnóstico do seu fracaso abre paso a propostas alternativas para a superación desa crise que se caracteriza tamén, en boa medida, como crise política, o fracaso dun modelo de integración europea que se revelou demasiado fráxil.
Vence, Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, afirma na introdución que a incapacidade da UE para dominar a actual crise financeira e de débeda é o fracaso dunha forma de construír a UE e o euro sobre a base duns principios en exceso neoliberais e, tamén, o fracaso dunhas políticas de resposta á crise igualmente guiadas ou asentadas sobre diagnósticos e estratexias netamente neoliberais.
O libro analiza, entre outros asuntos, o grao de converxencia e diverxencia económica na UE, as consecuencias da desregulación do sector financeiro e a política de competencia, rematando con propostas para unha outra Europa. A publicación, financiada pola Deputación da Coruña e na que colaboran tamén Alba Nogueira, o Centre Maurits Coppieters e membros do grupo ICEDE, alerta da urxencia de decidir entre diferentes alternativas de futuro, ben arriscando un beco sen saída para unha Europa que continúe coa estratexia actual, ben asumindo a necesidade de establecer un novo paradigma, o que traería consigo cambios radicais en institucións que pilotan a economía da Unión así como o deseño de novas políticas e, seguramente, unha nova estrutura política e constitucional na que deben cobrar protagonismo as nacións sen estado.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.