En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
El é un pingüín e chámase Tonino: chaqueta con faldróns, cuíño ?no, pico laranxa e ollos de botón, regordecho e zoupón.
Tanto lle ten ao noso pingüiniño o que pensen familia e mais veciños. El soña con marchar para o deserto; é o único certo.
Esta é a historia atípica dun pequeno pingüín, Tonino, que quere converterse nun auténtico beduíno. Para cumprir este soño extravagante, fuxe de casa e consegue chegar ata Tunisia!
Unha vez alí, para atravesar o deserto, non dubida en comprarse un camelo, pero este, do mesmo xeito que a historia e o seu protagonista, tamén ten a súa singularidade: coxea e tropeza ao andar.
Aínda que o desexo de Tonino é rechamante, non o é anhelar aquilo que dista do que temos ou somos, tamén é moi habitual que os pequenos se sintan atraídos pola aventura ou o descoñecido. Esta é unha característica da infancia e unha forma habitual de aprendizaxe.
Por iso, non estamos ante unha decisión tan estrambótica. Tonino podería ser un neno ou adulto calquera que, coma todos, nalgún momento da vida, ansía saír da rutina e fuxir do que é ou cre que non é.
O pingüín emprende ilusionado e cheo de expectativas esta aventura. Inicia, así, unha viaxe espazo-temporal e, principalmente, de madurez e aprendizaxe.
Como adoita suceder cos relatos de viaxes, esta tamén é unha metáfora da vida, que nos demostra que valoramos o que temos en canto o perdemos. É o que axiña descobre o noso entrañable e divertido personaxe.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.