En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
O val de Iorres, a actual Valdeorras, é o verdadeiro protagonista destes contos, dándolle unidade e soporte aos diferentes personaxes e historias que me propuxen urdir e trenzar a xeito de tapiz. Iorres, terra de contrastes: dende o caudaloso Sil, encaixado entre canóns, onde aínda non hai moito as "aureanas" peneiraban as areas dos aluvións na procura das pebidas de ouro, deica os cumes de Pena Trevinca, o teito galego, salferida de lagoas glaciares con nomes máxicos: Lagoa da Serpe, Lagoa do Ocelo, ou fragas míticas coma o Teixadal. Hortas e prados na ribeira, viñedos e soutos (cada vez máis escasos por mor dos lumes salvaxes), piñeirais e aldeas que aganchan polas ladeiras até chegar ao monte aberto: os dominios da uz, a carqueixa e o lobo. Iorres: terra de transición, porta de entrada a Galicia dende a Meseta... Por aquí estaba a tribo prerromana dos "gigurri", unha das que (seica) se enfrontaron no monte Medulio aos romanos que trouxeron a vía XVIII, ou Vía Nova, que unía Brácara e Astúrica; os romanos coas súas vilas e mansións (alguén se referiu a Iorres como a Toscana galega) esborrallando castros, furando e arruinando montañas enteiras, algo semellante ao que acontece hoxe en día coas canteiras de louxa; suevos e visigodos deixaron a súa pegada, evidente na toponimia: Domiz, Gulfariz, Valdegodos..., os franceses de Napoleón voando pontes e enfrontándose aos paisanos comandados polos curas-abades guerrilleiros, os alemáns do wolfram, os maquis agochados nos montes que circundan o val... en fin, quen non pasou por aquí? As súas voces e historias aínda resoan no fondo val tal que no interior dunha campá. Iorres é "o meu pequeno selo de correos", como o era para o mestre Faulkner aquel condado sureño de nome imposible.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.