En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Xosé Ramón Pena volve con estas tres novelas curtas: La vie en rose, Concerto profano e Matar un anxo. Apuntes e chispazos que anunciaban o escritor en entregas anteriores (O reverso do espello en 1984 e Para despois do adeus) alcanzan na presente un control da estructura do relato, un dominio das formas e unha tensión narrativa que son xa mostras evidentes de madurez. Pena afronta tres historias de amor (de distintas maneiras de entender o amor), pero tamén de soidade, de busca, de desacougo existencial. Son personaxes na procura de si mesmos, sometidos a situacións límite, o que permite ó autor introducir o bisturí do cirurxián para descubrimos os recantos e os claro-escuros das súas vidas. Retallos de vida, fogaradas luminosas nun instante, sorpresa, suspense, a charada necesaria para seducir ó lector. O mundo literario de Xosé Ramón Pena non se conforma cos territorios xeográficos do propio país senón que entende que a visión do escritor galego (e as súas posibles capacidades) están máis alá de nós mesmos e enriquécese noutros espacios, nas xeografías do magnate americano que descubre serodiamente a súa aventura persoal, por exemplo, (afrontado a unha situación límite: a viaxe e a morte), a loita interior do artista homosexual na Centroeuropa da Grande Guerra ou a tensión urbana dun crime do noso tempo, rodeado dunha atmósfera intensa, absurda e sorprendente.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.