En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
A extensa compilación de Ricardo Polín descubre achegas documentais da Galicia do século XIX que se proxectan sobre o desenvolvemento cultural da Galicia do século XX. A escolma ábrese co texto completo de "¡Agua de limón fría!", do pontevedrés Xesús Muruáis. As anotacións do compilador introducen ó lector na realidade plural das festas e feiras populares. O texto de Muruáis complétase coa análise pormenorizada de Ricardo Gómez Polín, que enliña o rebumbio das feiras e festas. De seguido, transcríbese e coméntase "El segador", de Lisardo Barreiro.Na cadea de tipos, engrónzase "El Cacique", longo testemuño, escrito por Emilia Pardo Bazán, coñecedora de tódolos atrancos políticos, sobradamente salientados no seu corpus narrativo. Outro modelo é "El gaitero gallego", escrito polo compostelán Neira de Mosquera. O propio Lamas Carvajal escribiu, con estratexia de "brocha gorda", "O animeiro". Tampouco podemos esquecernos de "El cantero" de José Domínguez Izquierdo, "El cohetero" de Jesús Muruáis, "El zapatero de Noya", de Romero Blanco, e "El escolante" de Goy Prado, "Marcos da Portela" de José Rodríguez Seoane, "O manciñeiro" de Amor Meilán, "O Brasileiro" e "El romancero" de Neira Cancela. Homes do país recupera pequenas xoias literarias, perdidas ou esquecidas entre as follas máis vellas e románticas da primeira prensa galega, en coleccións dunha extremada rareza, tráennos á memoria imaxes vivas da nosa antropoloxía cultural. Os últimos homes con distinción na súa vida e no seu porte, os que fixeron posible este país, retratados con premura por quen tiña conciencia de asistir ao momento tráxico da ruptura coa tradición. Voces nosas que dan fe da crúa realidade substituíndo a mofa da pintura allea pola tenrura solidaria do máis fino veludo. Pezas inéditas ou case inéditas unhas; textos nados ó calor daquel proxecto da Galicia Literaria, outros, que agora se recupera por Edicións Xerais de Galicia en coidada e fermosa edición.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.