En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
O respectable lector ten entre as súas mans un texto literario. Non se trata dunha nova xornalística, nin do prospecto dun medicamento, senón dunha cadea de voces reunidas baixo a vontade estética do autor, enraizado fondamente no eido da literatura. O lector ten entre as súas mans o texto orixinal, no idioma no que foi concibido. Goza, pois, do rarísimo privilexio de compartir un código comunicativo intimamente minoritario, intenso e concreto. Pero o que vén a continuación é sobre todo e por riba de todo teatro. Non só pola fasquía editorial, de feito son frecuentes os casos de poesía ou de narrativa disfrazadas de teatro, cousa que non acontece en Lugar, moi ó contrario, estamos diante dunha maquinaria dramática construída milimetricamente, tendo sempre presente unha tradición milenaria na que cada elemento responde sorprendentemente á mesma unidade esencial, de xeito que todo finalmente remata encaixando. Un texto dramático converte por arte de birlibirloque a un lector nun director, é dicir nun creador. Non abonda con ler de corrido comprendendo os conceptos que están sobre a mesa, é preciso ter sempre presente o espacio, o vestiario, a iluminación, a atmosfera da situación, a música, o carácter dos personaxes, as súas ilusións e emocións, a simultaneidade dos seus movementos pola escena, e todo isto en función dunha concepción estética e dunha visión do mundo na punta da lingua. Raúl Dans sabe tamén que escribe para directores, e a súa voz de autor intervén o mínimo a través das acotacións escénicas demostrando un fondo respecto pola liberdade dos outros creadores, sexan directores, actores, escenógrafos, iluminadores...
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.