En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica 2003) debulla, e transcende, os mitos do folclore actual ?os dos medios de comunicación de masas?, mantendo a tensión do lector cara á fatalidade dos desenlaces. Aos dez anos da súa publicación, esta edición definitiva actualiza e recupera a novela, e culmina a triloxía narrativa de sombras e de lume, integrada tamén por Soños eléctricos e Sarou/Louzós. ?A obra máis lograda do autor ourensán, na que enfronta ao home cos avances científicos, a busca dun mesmo na soidade máis absoluta e o camiño cara ao destino de cada un de nós, malia non sermos conscientes da forza e da determinación do azar.? (Isabel Mociño González) ?O sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que mantén sempre a primacía, o interese, a verosimilitude e nos obriga a reflexionar sobre o sentido das nosas vidas e as súas continxencias. Novela de estradas, de peregrinaxes, de fuxidas dun mesmo, de identidades cambiantes; tamén de pesadelos, alustres e frialdades. Con doses selectas de erotismo, de onirismo, de intres nos que o relato se converte nun verdadeiro thriller psicolóxico.? (Francisco Martínez Bouzas)
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.