En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
As vivencias e as experiencias que constitúen a memoria da adolescencia son as que nutren Casas baratas. Un libro de contos co que Antón Riveiro Coello se debruza sobre o tempo no que se forma a personalidade e sobre o que se constrúe a memoria individual.
Un libro que esperta lembranzas a través duns realtos nos que se rescatan historias e emocións inesquecibles.
Enfiados por un mesmo narrador e cun escenario común, a vila de Xinzo da Limia en pleno franquismo, os relatos de Casas baratas fan xurdir, con intensidade e humor, gorentosos episodiosn nos que historia persoal e colectiva se mesturan e enrriquecen mutuamente. Antón Riveiro Coello reconstrúe con mestría todo un mundo de sensacións e vivencias, converte a literatura no único acobillo do home. O autor de As rulas de Bakunin manexa os diferentes rexistros do conto, desde o humor ao dramatismo, pasando polo misterio e a iniciación no amor, sen deixar de sorprender en todo momento.
O mundo de Casas baratas é o mundo da infancia e dos inicios da adolescencia Riveiro Coello nárrao desde os ollos dun rapaz, cunha mirada que no cotiá descobre o misterio e nos sentimentos sinxelos atopa a paixón de vivir. Os contos deste libro reconcilíannos coa realidade, fannos sentir o paso do tempo non coma unha carencia senón coma unha experiencia que enriquece e da sentido ao vivido. Literatura auténtica escrita desde as emocións que perduran.
Titulares de prensa
CASAS BARATAS
Memorias e infancia
Atendemos desde hai anos con interese e especial atención as propostas narrativas do escritor limiao Antón Riveiro Coello, quen a estas alturas ofrece un estimábel e sólido percorrido, bibliográfico como demostra nos últimos anos: A quinta de saler, animalia, As rulas de Bakunin, Homonima, A esfinxe de Amaranto entre outras publicadas entre os anos 1998 e 2003.
Casas baratas pode lerse tanto como unha colección de relatos autónomos e estreitamente conexionados polo co protagonismo da voz narradora, ou coma se se tratase dunha auténtica novela que presenta un avance cronolóxico progresivo coa presenza de personaxe e dun universo xeográfico e emocional que lle confiren unidade; fóra do feliz lugar común na súa obra como é o ricaz e vizoso tratamento lingüístico que neles sempre amosa.
Deste xeito en Casas baratas o autor aborda con dodes de sensibilidade e meneidade, un tema de non doado manexo, como é a recreación maioritariamente autobiográfica de feitos e personaxes que poboaron a súa infancia e a súa mocidade.
Mais esta visión confesional, con todo o que posúa de ficción, que interese pode ter para o lector? Moito sen dúbida moito. Alén das anécdotas puntuais que aquí se revelan, alén do exercicio de esculca nos máis agochados e privados recantos do pasado do autor, o libro constrúe ou reconstrúe moi polo muído, cunha prosa crómatica envexable, un espazo vivencia como é o de Xinzo de Limia.
Casas baratas é un monllo de situacións que beben na memoria, cheas de forza reveladora para retratar un tempo, un lugar, unha vida que agora é compartida e que se transmite con emoción e indiscutible eficacia.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.