Avanzada

Libros

MARTIN CODAX. BAÑARNOS EMOS NAS ONDAS!
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

MARTIN CODAX. BAÑARNOS EMOS NAS ONDAS!

978-84-87987-91-5 / 9788487987915

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

“Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas. O Pergamiño Vindel” ábrese con cadanseu limiar da presidenta do Parlamento de Galicia, do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do presidente da RAG, para darlle paso a textos ilustrativos de Monteagudo Romero e de Guiseppe Tavani arredor do coñecido Pergamiño Vindel e das cantigas de Martin Codax, respectivamente. Recolle, a seguir, a transcrición das cantigas que conforman o códice no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, así como a lectura delas feita polo propio Giuseppe Tavani e a tradución das pezas líricas a oito linguas (galego, éuscaro, catalán, castelán, alemán, francés, inglés e italiano).

O Pergamiño que recolle sete cantigas de Martin Codax

A obra recupera o coñecido Pergamiño Vindel, que recibe o nome do libreiro e anticuario que descubriu, nun pergamiño que lle serviu como forro á encadernación dunha copia manuscrita feita no século XIV do tratado “De Officiis” de Cicerón, un códice medieval que contiña sete cantigas de amigo en galego, seis delas acompañadas da notación musical correspondente, da autoría do poeta galego Martin Codax e feita entre finais do século XIII e primeiros do XIV.

O achádego revelou, amais de confirmar certas ideas arredor da tradición manuscrita, especialmente en aspectos lingüísticos, as melodías vinculadas aos versos –por primeira vez na lírica profana, xa que ata entón só se coñecían na lírica relixiosa, en concreto nas “Cantigas de Santa María” escritas polo rei Afonso X- sendo o testemuño de cantiga de amigo máis antigo, o que converte o códice nun dos documentos máis valiosos de toda a literatura galega (e hispánica, e europea) medieval.

Dese xeito, fóronse dando a coñecer en diferentes estudos e edicións a pezas “Ondas do mar de Vigo”, “Mandad’ei comigo ca ven meu amigo”, “Mia yrmana fremosa treides comigo”, “Ay Deus se sab’ora meu amado”, “Quantas sabedes amar amigo”, “En o sagrad’e Vigo” e “Ay ondas que eu vin veer”, entrementres o manuscrito cambiou de mans en varias ocasións ata chegar a se extraviar e a volver a aparecer hai arredor de tres décadas para pasar a fornecer os fondos da Pierpont Morgan Library de Nova York, onde se atopa na actualidade.

Martin Codax recibiu en 1998 o único tributo das Letras Galegas que a RAG dedicou de maneira conxunta. Canda el, foron homenaxeados ese ano os outros dous cantores da Ría de Vigo: Mendinho -que xunto con Codax pode ser considerado o poeta medieval galego máis importante- e Xohan de Cangas.

Otros libros del autor MARTIN CODAX

MARTIN CODAX: CANTIGAS (CON CD) (CON REPRODUCIÓN PERGAMIÑO VINDEL)
MARTIN CODAX: CANTIGAS (CON CD) (CON REPRODUCIÓN PERGAMIÑO VINDEL)

978-84-9151-148-9

MARTIN CODAX, MONTEAGUDO, HENRIQUE

Otros libros de la colección R.A.G.

Portada No Disponible
OS MANUSCRITOS E A IMAXE DE EMILIA PARDO BAZAN

978-84-87987-57-1

AUTORES VARIOS, AXEITOS VALIÑO, RICARDO, COSME ABOLLO, NELIDA

Otros libros la materia Literatura gallega. Poesía.

ABRAZO DAS BOCAS, O
ABRAZO DAS BOCAS, O

978-84-19840-49-3

PARDO DE NEYRA, XULIO

NINGUÉN, AS
NINGUÉN, AS

978-84-129637-4-8

OLIVEIRA, ELISABETH

ILUMI NOU NOS O LU ME - ILUMINOUNOS O LUME
ILUMI NOU NOS O LU ME - ILUMINOUNOS O LUME

978-84-129840-6-4

FEIXÓ FEIXÓ, HENRIQUE

OUTROUTRO
OUTROUTRO

978-84-129324-1-6

CASTRO YÁÑEZ, JESÚS