En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
Este libro de conversas ten dous intensos motivos. Un é o pequeno gran planeta Irimia, esa corrente, movemento colectivo que cumpre vintecinco anos de existencia e que foi xerando un xeito singular de estar e ser desta Terra neste tempo. Un estilo de vivir, en boa sincronía, coma cousas que deitan da mesma fonte primordial, a identidade galega e a experiencia crente. O outro é o seu protagonista formal, unha persona entrañable, creadora, entregada a causas xustas, que acreditan a calidade humana do que con elas se compromete. Na aproximación a Irimia batemos con Xosé Chao Rego. No achegamento a Pepe Chao descubrimos Irimia. E a partir de aí, paseniñamente, vanse debullando, desde a descrición do anecdótico a momentos de conmovedora e íntima introspección, as claves que fan posible unha vida e unha experiencia tan atractiva, desconcertante e tenra coma a de Xosé Chao Rego.
O presente libro, preparado polo sociólogo e membro de Irimia Daniel López Muñoz, constitúe un longo diálogo cun transgresor, un percorrido polo periplo vital dun home que nunca estivo no sitio correcto, un itinerario dende a serra de Meira á Guarda mareira, metáfora evocadora da rota vital do río Miño, que foron facendo Pepe Chao e o movemento Irimia, os dous protagonistas do volume. Nesta conversa, Xosé Chao Rego, vai abordando os temas claves do seu pensamento: dende o nacemento do movemento e da revista Irimia nas fontes da galeguidade, a súa acción pastoral na parroquia de Santa Mariña do Vilar, a súa participación política; a súa concepción da Igrexaa súa dimensión de ensinante contaxioso; ata a súa visión da fe, en tempos de liberdade e secularidade. O libro complétase con pequenas ilustracións de palabra e recordo dun fato de bos amigos.. Inclúe, tamén, unha boa cantidade de fotografías e documentos, así como unha completa biobliografía da obra de Xosé Chao Rego, de quen se ten dito é a persoa que máis leva escrito en galego na enteira historia de Galicia.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.