Avanzada

Libros

MOITO CONTO
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
,

MOITO CONTO

978-84-9871-493-7 / 9788498714937

AGOTADO

Comentarios

Bela durminte espertou.
Un príncipe acababa de darlle un bico.
Non se moveu nin abriu os ollos, a ver que pasaba.
Entón oíu unha voz dun mozo que lle murmuraba:
Queres casar comigo?
Chegara o seu príncipe!


Logo dun gran letargo, Bela esperta. Un príncipe bícaa e pídelle matrimonio! Con certo estupor, descobre que moito cambiaran as cousas nos contos: o seu príncipe, que resultou ser o Soldadiño de chumbo, axúdalle a poñerse ao día.

Mediante a técnica narrativa do relato enmarcado, que consiste na inclusión dunha ou varias historias dentro da narración principal, Moito conto é unha especie de contedor que dá cabida a unha chea de personaxes que aparecen e desaparecen recreando, ao seu paso, novas aventuras.

Como ben apunta o autor, o escritor Enrique Páez, trátase de "un libro tesouro, un libro almacén, un libro índice de contos e de soños. Pode dar lugar a xogos creativos de interrelación dos personaxes, millóns de universos posibles no mundo dos contos". Así, vemos como Hansel casou coa bailarina, o príncipe azul coa Sereíña, Cincenta e Carapuchiña viven en casa do leñador e teñen o lobo como mascota...

Este recurso literario reforza o dinamismo do texto que destila ironía nos seus diálogos: Soldadiño de chumbo suxire a Bela que se dea unha ducha, xa que leva moitos anos a durmir, Gato con botas pídelle asilo porque o están a perseguir os corenta ladróns...

Para render homenaxe a todos os que traballan en favor da literatura infantil e xuvenil, o autor brinda ao lector unha sorpresa no desenlace "que tende unha ponte necesaria entre a realidade e a fantasía".

Atraída polo dobre sentido do título, a ilustradora francesa, Marjorie Pourchet, mergúllanos, nesta terceira colaboración con OQO, nun mundo de ficción onde os personaxes se converten en actores capaces de representar diferentes papeis. A estrutura do relato permítelle traballar os códigos do xénero e a procura de ambientación; así, para ela, "a habitación da Bela é o decorado dunha escena na que os personaxes interpretan as súas historias, o libro de contos é o teatro".

O marco que aparece na primeira ilustración, inspirado en libros ilustrados antigos, sérvelle para definir os espazos narrativos: "é a porta de entrada dun espazo a outro: do interior do libro ao exterior, do espazo do texto ao da imaxe. É o fío que conduce ao desenlace da historia, á estrutura abismada do final", comenta a ilustradora.

Tintas en tons pastel, contrastados con vermellos e negros e certos toques de gravado conforman a técnica utilizada para esta creación. A composición da portada é unha particular homenaxe ao ilustrador clásico Gustave Doré. Unha obra rica en detalles, na que texto e imaxe danse a man para cativar o lector, ofrecéndolle a oportunidade de darlle renda solta á imaxinación e de exercer como "disparador da memoria", segundo subliña o seu autor.

Otros libros del autor PÁEZ, ENRIQUE

Portada No Disponible
UN SECUESTRO DE PELICULA. EL AMIGO INVISIBLE

978-84-348-5575-5

PUERTO, CARLOS, PÁEZ, ENRIQUE

BVR, ABDEL (LECTURA FACIL)
BVR, ABDEL (LECTURA FACIL)

978-84-1318-916-1

PÁEZ, ENRIQUE

Portada No Disponible
LENGUA Y LITERATURA 3º ESO, MESTER

978-84-348-5870-1

GOMEZ TORREGO, PÁEZ, ENRIQUE, NAVARRO GOMEZ, GOMEZ Y PUEBLA, NAVARRO-ALEGRE

ABDEL
ABDEL

978-84-675-7785-3

PÁEZ, ENRIQUE

Otros libros de la colección (Q) PARA LECTORES INTREPIDOS (G) (8/12 A

MONTAÑAS NA CAMA
MONTAÑAS NA CAMA

978-84-9871-442-5

MARICUELA

MIÑA PRIMEIRA VIAXE, A
MIÑA PRIMEIRA VIAXE, A

978-84-9871-371-8

SANCHEZ IBARZABAL, PALOMA, LAURO, MASSIMILIANO DI

JACK E A MORTE
JACK E A MORTE

978-84-9871-367-1

BOWLEY, TIM

ANO EN QUE OS PITOS PERDERON A CABEZA, O
ANO EN QUE OS PITOS PERDERON A CABEZA, O

978-84-9871-329-9

ALBO, PABLO

Portada No Disponible
ATLAS DE COCINA

978-84-10417-16-8

RIERA, LUCAS

Portada No Disponible
AVIONES

978-84-285-7196-8

HAWCOCK, DAVID

Portada No Disponible
Portada No Disponible
CÓMO ENTRENAR A TU DRAGÓN

978-84-08-30677-1

COWELL, CRESSIDA