Avanzada

Libros

RESTRA DE LETRAS
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

RESTRA DE LETRAS

978-84-8302-864-3 / 9788483028643

DESCATALOGADO

Comentarios

Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Está enfocado a mellorar a competencia lingüística do alumnado, fundamentalmente no que se refire á ortografía e ao léxico, aínda que tamén pode ser de axuda en cuestións de literatura. Como o seu propio nome indica, co que se xoga é con letras e con palabras (non hai xogos de números, por exemplo). Polo tanto, pódese considerar como unha ferramenta de moita utilidade para o seu uso na aula.
O libro consta de dous niveis segundo a dificultade de resolución dos xogos. No nivel 1 (dirixido fundamentalmente a rapaces e rapazas do 1º ciclo de ESO) propóñense 16 tipos de xogos diferentes, mediante os cales se poden traballar aspectos de léxico (cruzada visual, sopa de letras), ortografía (a serpe, tres eran tres, sílaba fixa, incógnita, encrucillado), literatura (fuga de vocais, trasnadas) e mesmo de desenvolvemento do razoamento lóxico (xeroglíficos).
No nivel 2 (dirixido ao 2º ciclo de ESO) increméntase a dificultade e a diversidade dos xogos (30 diferentes). Ao igual que acontecía co nivel 1, tamén aquí se pode tirar partido dos pasatempos para completar o coñecemento en distintos niveis da gramática e ademais, propóñense fórmulas que requiren unha maior perspicacia para a resolución dos xogos (encrucillado branco, brincadeira, autodefinido branco). Neste nivel tamén se lle concede máis importancia ao ámbito literario, xa que moitos dos xogos baséanse na descuberta de títulos e pasaxes de obras literaria, de nomes de escritores, etc.Como se dixo ao comezo, Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica.
Iso si, non é un método didáctico, nin pretende abranguer ningún ámbito determinado no estudio da lingua, porque todos os xogos que nel se propoñen, axudan a mellorar a comprensión e expresión escrita de quen se achegue ás súas páxinas.

Otros libros del autor DÍAZ NÚÑEZ, CELIA

TODOS CALAN
TODOS CALAN

978-84-10324-49-7

DÍAZ NÚÑEZ, CELIA

Portada No Disponible
AS FACES DO DIAMANTE

978-84-1176-297-7

DÍAZ NÚÑEZ, CELIA

Portada No Disponible
O EXTRAORDINARIO CASO DO TELLADO DO XILDRO

978-84-19438-94-2

DÍAZ NÚÑEZ, CELIA

FACES DO DIAMANTE, AS
FACES DO DIAMANTE, AS

978-84-1176-140-6

DÍAZ NÚÑEZ, CELIA

Otros libros de la colección CREACION EN TRASPASOS

HISTORIA DE OURENSE
HISTORIA DE OURENSE

978-84-9782-893-2

VALCARCEL LOPEZ, MARCOS

A VELOCIDADE DO FRIO
A VELOCIDADE DO FRIO

978-84-8302-068-5

SEIXAS, MANUEL

CANDO OS ANIMAIS FALABAN
CANDO OS ANIMAIS FALABAN

978-84-8302-907-7

EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A.

ARNOIA, ARNOIA
ARNOIA, ARNOIA

978-84-7507-197-8

MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

SARELA
SARELA

978-84-128407-9-7

TOJO, MARGA

TEMPO DE AMORAS
TEMPO DE AMORAS

978-84-128932-6-7

TEREIXA ROCA

TREBÓN DO NORTE, O
TREBÓN DO NORTE, O

979-13-990202-2-9

AGUNTIN AGRA

ODIO    (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)
ODIO (PREMIO XOSE NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2025)

978-84-1176-472-8

ROMERO DE ÁVILA, GABRIEL