Avanzada

Libros

ESCANER (PETO)
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

ESCANER (PETO)

978-84-8302-891-9 / 9788483028919

DESCATALOGADO

Comentarios

Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, pola carne e polo sangue. Nestes quince relatos de Escáner hai unha visión de conxunto do ser humano. Nos catro primeiros relatos, inéditos ata o momento, ("FotoShock", "Carta a Berta", "Hendra" e "Viaxe de Volta"), están tódalas tendencias da narrativa curta de Caride, desde o realismo, a denuncia, o compromiso e mesmo a hiperrealidade de "FotoShock", un texto fondamente narrativo e fondamente reflexivo, que escarva tanto na alma humana como na situación do mundo; ata a ciencia-ficción de "Hendra", unha ciencia ficción tanto ao xeito do cinema como biolóxica ou psicolóxica; pasando polo inusual final feliz de "Viaxe de volta", esa case segunda oportunidade que só se lles concede aos felices como Ulises, e pola amarga crítica ao mundo literario, tan inzado de oportunistas e alpabardas, da "Carta Berta".

O quinto relato, "Lume da memoria", é a contribución do autor a unha certa, e fecunda, literaria da memoria, da historia das xentes humildes pero arrichadas, que non se limita á guerra civil e as súas consecuencias.

"Camiño longo", é un drama interior, opresivo, onírico, fantástico, perfectamente acorde coas obras mestras do xénero.

"As formas gastadas dos soños" é ese pesadelo repetitivo, mecánico, no que afloran odio, autoodio, xenofobia e a procura da identidade. Un relato no que Caride amosa canto partido se lle pode tirar a unha nota de sucesos e cantas capas ten esa cebola que chamamos realidade. O realismo suxo e deprimente roxe en pezas como "Nocturno", e "L.H", o relato que nos ofrece a ollada do asasino lunático. "Interiores" é unha pequena peza do fantástico, onde se reflexiona sobre as conexións entre realidade e ficción, entre a persoa e o escritor, entre o creador e o personaxe.

No último relato, "O camiño", un exemplo da literatura do marabilloso, que ben podería ser tomada por ciencia ficción sen selo.

Otros libros del autor CARIDE, RAMON

MISTERIO DAS ZOCAS, O
MISTERIO DAS ZOCAS, O

978-84-1110-650-4

CARIDE, RAMON

Portada No Disponible
O MISTERIO DAS ZOCAS

978-84-1110-656-6

CARIDE, RAMON

Portada No Disponible
AS SUPERVIVENTES

978-84-1110-630-6

CARIDE, RAMON

SUPERVIVENTES, AS
SUPERVIVENTES, AS

978-84-1110-622-1

CARIDE, RAMON

Otros libros de la colección CREACION EN TRASPASOS

HISTORIA DE OURENSE
HISTORIA DE OURENSE

978-84-9782-893-2

VALCARCEL LOPEZ, MARCOS

A VELOCIDADE DO FRIO
A VELOCIDADE DO FRIO

978-84-8302-068-5

SEIXAS, MANUEL

CANDO OS ANIMAIS FALABAN
CANDO OS ANIMAIS FALABAN

978-84-8302-907-7

EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A.

ARNOIA, ARNOIA
ARNOIA, ARNOIA

978-84-7507-197-8

MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS

Otros libros la materia Literatura gallega. Novela y cuento.

ANTOLOXÍA DO CONTO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL
ANTOLOXÍA DO CONTO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL

978-84-1176-473-5

HARGUINDEY, HENRIQUE, BARRIO, MARUXA

AMAR AZAR
AMAR AZAR

978-84-1176-477-3

FRAIZ, JAVIER

COMANDANTES E FAMILIARES
COMANDANTES E FAMILIARES

978-84-1176-480-3

ALCALÁ NAVARRO, XAVIER

PARVADARIO
PARVADARIO

978-84-10324-80-0

CELESTER BARREIRO, GABRIEL