Avanzada

Libros

LINGUA. 5 PRIMARIA. CELME. TRIMESTRES
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
, , ,

LINGUA. 5 PRIMARIA. CELME. TRIMESTRES

978-84-9854-421-3 / 9788498544213

DESCATALOGADO

Comentarios

En Xerme Edicións sabemos que educar é facer crecer. A educación, como o celme, nutre, é a esencia, xera vida e está en constante renovación. A educación é o celme sobre o que xira o futuro. Presentámosche Celme: un proxecto global para todas as etapas educativas sustentado nun sólido modelo de educación en valores, en cuxo eixe está o alumno e a mellora dos seus resultados a través da atención aos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe. Un proxecto que nace desde a vocación de servizo e apoio ao profesor na súa tarefa, dotándoo dos recursos idóneos para o seu día a día. É o reflexo do noso compromiso coa educación a través da introdución flexible de novas metodoloxías e tecnoloxías eficaces para a mellora da calidade educativa. Estas son as súas raíces pedagóxicas: O alumno como eixe fundamental: O verdadeiro protagonista do proceso educativo é o alumno. Cada persoa ten unha única forma de percibir a realidade. Coas ferramentas que incorpora Celme, facilítase o acercamento dos contidos aos alumnos, espertando a súa motivación e respectando o seu ritmo e a súa forma persoal de aprender para lograr unha aprendizaxe eficaz. Apoiamos o profesor: Celme é o resultado do traballo en equipo xunto con profesores para construír un proxecto de todos. É por e para eles que Celme integra recursos prácticos e eficaces que facilitan o seu labor diario na aula. Ademais, a colaboración entre o profesor e Xerme Edicións non remata cando o libro chega á aula. Grazas á rede de asesores pedagóxicos, os profesores contan cun apoio directo no centro en calquera momento do curso escolar, coa posibilidade de manter un diálogo permanente que axudará á mellora continua dos nosos materiais. Compromiso coa educación: En Celme ponse de manifesto a confianza no poder da educación para mellorar a sociedade. Tanto desde a innovación metodolóxica como desde a formación en valores, Celme acerca ás aulas un modelo educativo máis acorde coas características dos alumnos e coas esixencias que nos demanda a sociedade actual. As claves de Celme: Comprender para aprender: Porque a comprensión é a clave da aprendizaxe, en Celme desenvólvense diferentes mecanismos que axudan ao alumno a interiorizar e integrar os contidos: contextualización dos contidos, actividades prácticas e próximas e aprendizaxe experiencial. Construción da propia aprendizaxe: O alumno inicia a súa aprendizaxe a través de actividades de carácter manipulativo. Co fin de posibilitar este proceso, Celme proporciona ao profesor numerosos recursos adaptados aos contidos e á idade dos alumnos. Atención aos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe: Celme ofrece propostas específicas de atención á diversidade para cada unidade didáctica. Os materiais desenvolvidos para atender a diversidade dos alumnos e os programas específicos que se ofrecen adaptan os contidos aos distintos niveis e estilos de aprendizaxe, posibilitando así a educación personalizada. Recursos específicos, propostas de repaso, reforzo e ampliación, xerador de probas e Celmedixital. Apoio ao profesor: Recursos prácticos e eficaces que facilitan o traballo diario na aula: Guía esencial, propostas e materiais para aprender a través da práctica e a manipulación, ferramentas para lograr unha educación de calidade apoiada na avaliación, Celmedixital e Programa de acompañamento. Innovación metodolóxica: Celme pon a disposición do docente programas de innovación que poden integrarse dun modo natural na dinámica habitual da aula ao ritmo e alcance que cada profesor e centro desexen: Aprendizaxe cooperativa, Aprender a pensar e Intelixencias múltiples. Aprender a ser e a convivir: O proxecto Celme dá un novo impulso á educación en valores, outorgándolle un papel protagonista. Todas as unidades conceptualízanse arredor dun valor, seguindo unha programación a través das diferentes etapas.

Otros libros del autor MARZÁ, VICENT

Portada No Disponible
SD ALUMNO. LINGUA. 5 PRIMARIA. MÁIS CELME

978-84-9854-821-1

MARCHETTI, PAOLA, MONTERO LOZANO, ALMUDENA, ALONSO, XOSÉ RAMÓN, MARTÍNEZ, PILAR, MARZÁ, VICENT, PEDRAZA, PATRICIA

Portada No Disponible
SD PROFESOR. LINGUA. 5 PRIMARIA. MÁIS CELME

978-84-9854-825-9

MARCHETTI, PAOLA, MONTERO LOZANO, ALMUDENA, ALONSO, XOSÉ RAMÓN, MARTÍNEZ, PILAR, MARZÁ, VICENT, PEDRAZA, PATRICIA

SD ALUMNO. LLENGUA. 5 PRIMÀRIA. SABA
SD ALUMNO. LLENGUA. 5 PRIMÀRIA. SABA

978-84-675-7248-3

ESQUERDO TODÓ, SUSANNA, PINA CASTRO , VANESSA, GREGORI, MIRIAM, MARZÁ, VICENT, PEDRAZA, PATRICIA

SD ALUMNO. LLENGUA, BON VENT. 5 PRIMÀRIA. SABA
SD ALUMNO. LLENGUA, BON VENT. 5 PRIMÀRIA. SABA

978-84-675-7265-0

ESQUERDO TODÓ, SUSANNA, PINA CASTRO , VANESSA, GREGORI, MIRIAM, MARZÁ, VICENT, PEDRAZA, PATRICIA

Otros libros la materia TEXTO

Portada No Disponible
TRA PROFESSIONAL ENGLISH HUB I WB 2025

978-84-10207-57-8

AUTORES VARIOS

Portada No Disponible
CIENCIAS NATURAIS 4º PRIMARIA, 1º TRIMESTRE

978-84-19402-15-8

FERNÁNDEZ CABALEIRO, JESSICA, MONTERO CAMPOS, RAISA

CIENCIAS NATURAIS 4º PRIMARIA, 2º TRIMESTRE
CIENCIAS NATURAIS 4º PRIMARIA, 2º TRIMESTRE

978-84-19402-39-4

FERNÁNDEZ CABALEIRO, JESSICA, MONTERO CAMPOS, RAISA

CIENCIAS NATURAIS 4º PRIMARIA. TERCEIRO TRIMESTRE
CIENCIAS NATURAIS 4º PRIMARIA. TERCEIRO TRIMESTRE

978-84-19402-63-9

FERNÁNDEZ CABALEIRO, JESSICA