Avanzada

Libros

ANTON AVILES DE TARAMANCOS, VIDA E OBRA
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

ANTON AVILES DE TARAMANCOS, VIDA E OBRA

978-84-8302-947-3 / 9788483029473

DESCATALOGADO

Comentarios

"Antón Avilés de Taramancos. Vida e Obra" fai un completísimo percorrido pola vida e a obra de Avilés de Taramancos da man de dúas das persoas que máis o trataron: Lola Arxóns e Xavier Castro, ámbolos dous profesores de literatura na vila de Noia e especialistas na súa obra. O libro consta ademais de numerosas fotografías e información gráfica cedida pola familia de Avilés. Ademais dos apartados de Vida e Obra, os autores elaboraron tamén unha e unha importante bibliografía de e sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2003. Este é un libro escrito coa paixón, a entrega e o coñecemento de quen tratou e conviviu con Avilés, gozando da súa amizade e mesmo do privilexio de ter lido os seus libros mesmo antes de que fosen publicados."Antón Avilés de Taramancos. Vida e Obra" non só é un excelente libro de iniciación para aqueles que queiran achegarse por primeira vez á figura do escritor noiés senón tamén unha achega ensaística de primeira man que bota luz sobre moitos aspectos escasamente tratados da vida e da obra de Avilés.
Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro de Cultura de Noia pola BNG.
Como poeta é autor de "As moradías do vento" (1955), "A frauta e o garamelo" (1958), "O tempo no espello" (1982), "Cantos caucanos" (1985, Xerais 2003), e "As torres no ar" (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, "Última fuxida a Harar". Como narrador publicou "Nova Crónica das Indias" (1989, Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en "Obra viva"(1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza "Tres capitáns de tempos idos", publicada por Xerais dentro da súa colección Merlín.

Otros libros de la colección CREACION EN TRASPASOS

HISTORIA DE OURENSE
HISTORIA DE OURENSE

978-84-9782-893-2

VALCARCEL LOPEZ, MARCOS

A VELOCIDADE DO FRIO
A VELOCIDADE DO FRIO

978-84-8302-068-5

SEIXAS, MANUEL

CANDO OS ANIMAIS FALABAN
CANDO OS ANIMAIS FALABAN

978-84-8302-907-7

EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A.

ARNOIA, ARNOIA
ARNOIA, ARNOIA

978-84-7507-197-8

MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS

Otros libros la materia Biografías.

Portada No Disponible
MADRES MUERTAS

979-13-87823-74-0

MARIANI, MECHI

Portada No Disponible
EL PRECIO DE LA LIBERTAD

979-13-7012-796-1

TESSI STONE

Portada No Disponible
MI DESTIERRO SEMBLANZA EN TAQUILOGIA DEL CONFINAMIENTO UNAM

978-84-1311-553-5

ANA URRUTIA JORDANA

Portada No Disponible
NUNCA DEJES DE BAILAR

979-13-7012-729-9

BARREIRO LOPEZ, MERCEDES