Avanzada

Libros

CANTOS CAUCANOS
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

CANTOS CAUCANOS

978-84-8302-946-6 / 9788483029466

DESCATALOGADO

Comentarios

Cantos caucanos publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa estadía durante dezanove anos en Colombia. O poemario, no que o autor expresa a súa saudade polo país americano, a súa segunda patria, -"aquela patria da mocedade", nas súas palabras, foi merecedor do Premio Nacional da Crítica, quedando tamén como finalista no Premio Nacional de Literatura. Como na maior parte da súa obra poética, en "Cantos cucanos" Avilés pretende recobrar as extensas xeografías do Val do Cauca como unha paraíso definitivamente perdido, a través da palabra poética. Na obra, constituída por tres poemas extensos, organizados en dúas series ("Crónicas", a primeira, e a segunda homónima ao título do poemario), a visión deste paraíso comprende unha ampla franxa temporal que representa inicialmente un ámbito precolombino edénico, logo os horrores da conquista por parte dos españois, algún dos episodios da loita pola independencia, a época contemporánea dos anos vividos en Colombia e a súa posterior lembranza saudosa desde Galicia. Para explicar este proceso de recuperación do xa perdido, empregou Avilés a figura de Ulises, imprescindible na configuración da súa poética.
Para Martín Veiga, responsable da presente edición e autor do extenso estudio biobliográfico que a precede, a sabia utilización que Avilés fixo da súa experiencia americana desenvolvendo un tecido lírico que a transcende, converten a "Cantos caucanos" "nunha obra única no ámbito da literatura galega". A incorporación do exotismo, tanto temático como léxico; a ollada atemporal, acaso mítico; a potencia vitalista e a dicción rotunda e sonora; a prodixiosa potencia verbal destes versos; a suntuosidade desta voz, que se demora nunha narratividade historicista propia da nova épica, mesturada igualmente cos matices delicados da poesía lírica e elexíaca, aspectos valorados unanimente pola crítica, fixeron de Cantos caucanos un dos cumes colosais da poesía galega dos anos oitenta.

Otros libros de la colección CREACION EN TRASPASOS

HISTORIA DE OURENSE
HISTORIA DE OURENSE

978-84-9782-893-2

VALCARCEL LOPEZ, MARCOS

A VELOCIDADE DO FRIO
A VELOCIDADE DO FRIO

978-84-8302-068-5

SEIXAS, MANUEL

CANDO OS ANIMAIS FALABAN
CANDO OS ANIMAIS FALABAN

978-84-8302-907-7

EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A.

ARNOIA, ARNOIA
ARNOIA, ARNOIA

978-84-7507-197-8

MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS

Otros libros la materia Literatura gallega. Poesía.

POESIA POPULAR GALLEGA
POESIA POPULAR GALLEGA

978-84-87819-99-5

SAID ARMESTO, VICTOR, GARCIA-SABELL, DOMINGO

REMAR
REMAR

979-13-990202-4-3

AUTORES VARIOS

COPLAS ANALFABETAS
COPLAS ANALFABETAS

978-84-129921-5-1

TIZÓN, ANTONIO

ABRAZO DAS BOCAS, O
ABRAZO DAS BOCAS, O

978-84-19840-49-3

PARDO DE NEYRA, XULIO