Avanzada

Libros

MEMORIA DE BETANZOS, A
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.

MEMORIA DE BETANZOS, A

978-84-8302-969-5 / 9788483029695

DESCATALOGADO

Comentarios

"A memoria de Betanzos" recolle case un cento de gravados do século XIX, postais e viñetas de principios do século XX, catalogados e seleccionados por Carlos Díaz Martínez, que constitúen un paseo pola memoria gráfica da patria de Andrade o Bo, dunha cidade que foi ata 1833 capital dunha provincia do antigo Reino de Galicia.

O presente volume, enmarcado na colección de Xerais de Álbums de Postais, presenta por vez primeira unha coidada selección da historia gráfica de Betanzos, indispensable para a conservación do patrimonio monumental desta cidade histórica e da mellor difusión do seu coñecemento.

Estas páxinas recollen desde as marcas prefilatélicas da cidade de 1830, planos turísticos de 1836, ata un amplo monllo de vistas xerais da cidade, do río Mandeo, do peirao, da Ponte Vella, da Ponte Nova, da Torre do Reloxo, da Tumba de Fernán Pérez de Andrade, das igrexas de San Francisco e de Santa María de Azougue, da Casa do Concello, dos Cantóns, da praza do Campo e das rúas máis significativas da cidade. Particular importancia teñen na obra as imaxes relativas ás festas do Globo de Betanzos e dos Caneiros e ós xardíns do Pasatempo.

O volume complétase cun fermoso texto evocador, "Betanzos na memoria", preparado por Alfredo Erias Martínez, historiador, bibliotecario e director do Museo das Mariñas, que constitúe unha viaxe paralela á memoria gráfica, pola historia e polos lugares de Betanzos. Os accesos polo Barrio das Cascas, pola Ponte Vella ou pola Ponte Nova, as transformacións que operou a chegada do ferrocaril, o subliñado góticos das igrexas, as rúas e bodegas da cidade, ou a praza do Campo, son espacios descritos con agarimo evocador e rigor histórico por Alfredo Erias. A presentación demorada dos xardíns do Pasatempo, promovidos polos irmáns García Naveira, e das festas dos Caneiros e do Globo de Betanzos completan un texto tan emotivo como indispensable para a recuperación da memoria colectiva de varias xeracións de betanceiros.

Otros libros de la colección CREACION EN TRASPASOS

HISTORIA DE OURENSE
HISTORIA DE OURENSE

978-84-9782-893-2

VALCARCEL LOPEZ, MARCOS

A VELOCIDADE DO FRIO
A VELOCIDADE DO FRIO

978-84-8302-068-5

SEIXAS, MANUEL

CANDO OS ANIMAIS FALABAN
CANDO OS ANIMAIS FALABAN

978-84-8302-907-7

EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A.

ARNOIA, ARNOIA
ARNOIA, ARNOIA

978-84-7507-197-8

MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS

Otros libros la materia Geografía de Galicia.

Portada No Disponible
CIUDADES EN GUERRA, 1808-1814

978-84-96411-87-6

AUTORES VARIOS

Portada No Disponible
GOLPITAS E REPRESORES

978-84-8487-716-5

LAMELA GARCIA, LUIS

Portada No Disponible
MAR DE ARDORA, MAR DE GALICIA

978-84-124804-7-4

GARCÍA SUÁREZ, ANA MARIA