En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas no período de 1900 e 1936 , ademais de fotografías, mapas e marcas filatélicas, sobre a cidade de Vilagarcía. A partir de 1900 e ata aos tempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñas gráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daqueles tempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha ampla recompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vida urbana, principalmente nas categorías da vida comercial (mercados e transportes e pesca pola ría) e do vigoroso turismo do momento centrado no Balneario e nas praias.
O presente volume demostra que a Vilagarcía daqueles tempos tiña un lugar preponderante nas grandes series de postais editadas en Madrid ou Barcelona; o gran esforzo de producción que neste eido fixeron fotógrafos e editores locais; así como tamén a importancia da cidade que se reflectía nas postais editadas por empresas de París, Irún ou Berlín. A orixe de todas estas pezas amosa a importancia do porto de Vilagarcía a principios do século XX, tanto para os barcos de pasaxe (inicio do turismo de "cruceiro") ou de emigrantes, así como a calidade de "porto refuxio" da ría de Arousa para as flotas de guerra (en particular da armada Inglesa).
Iníciase o volume coa reproducción do "Plano da Ría de Arousa", realizado por Domingo Fontán en 1828, e coa reproducción dun gravado do palacio de Vista Alegre de 1879. Continúa cun texto literario, "Vilagarcía, eterna lembranza", onde o escritor vilagarcián Manuel Seixas, evoca a súa Vilagarcía antiga e sempre eterna na memoria, para dar paso ao discurso gráfico. Dende as primeiras vistas xerais dende a ría ou dende Vista Alegre, o libro propón unha visita pola Vilagarcía tradicional: a casa do Concello e os xardíns de Ravella, a Alameda, a Porta do Sol...son espacios que se recuperan para a memoria no presente volume.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.