Avanzada

Libros

Portada No Disponible
En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
, , ,

LINGUA E IDENTIDADE NA FRONTEIRA GALEGO-PORTUGUESA

978-84-92923-60-1 / 9788492923601

NO DISPONIBLE ACTUALMENTE

Comentarios

Unha monografía sobre a fronteira galego-portuguesa, editada polos investigadores do ILG Xulio Sousa, Marta Negro Romero e Rosario Álvarez, acaba de ser publicada dentro da colección «Ensaio&Investigación» do Consello da Cultura Galega.

A obra é unha recompilación de dez traballos nos que se abordan desde unha perspectiva xeográfica, histórica, antropolóxica e lingüística as razóns e as consecuencias da división en dous do espazo constitutivo do protorromance galego, e que deu lugar ás linguas galega e portuguesa.

A variación sintáctica, o léxico dialectal, a entoación e as percepcións e as actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa son algúns dos temas tratados no volume, no que se analizan tamén os camiños diverxentes de Galicia e Portugal a partir da Idade Media ou a permeabilidade bidireccional da raia, que a un tempo une e separa ambos os territorios.

Mediante esta monografía preténdese propiciar a reflexión sobre o estado da cuestión, impulsar avances na súa investigación, crear un espazo de encontro para as olladas pluridisciplinares e crear novo coñecemento con renovación en métodos e resultados. O volume, dedicado a William Kavanagh (1947-2014), estudoso do significado e relevancia das fronteiras que finou pouco antes da publicación desta obra, reúne dez contribucións orixinais de catorce especialistas, nunha triple perspectiva: histórica, antropolóxica e lingüística.

Otros libros del autor SOUSA FERNANDEZ, XULIO

LINGUA E LITERATURA 1º BACHARELATO. CONSTRUINDO MUNDOS
LINGUA E LITERATURA 1º BACHARELATO. CONSTRUINDO MUNDOS

978-84-9185-423-4

PALACIO SANCHEZ, XOSE ANTON, ALVAREZ BLANCO, ROSARIO, DUBERT GARCÍA, FRANCISCO, IGLESIAS SIERRA, PRIMIT, SOUSA FERNANDEZ, XULIO

Otros libros la materia Lingüística. Filología.

CRÓNICA DE LA LENGUA ESPAÑOLA 2025
CRÓNICA DE LA LENGUA ESPAÑOLA 2025

978-84-670-7881-7

REAL ACADEMIA ESPAÑOLA, ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE

LITERATURA, LENGUA Y LUGAR
LITERATURA, LENGUA Y LUGAR

978-84-339-4657-7

SUBIRANA, JAUME

CULTURA Y SEMIÓTICA
CULTURA Y SEMIÓTICA

978-84-127784-6-5

ECO, UMBERTO

CÓMO HABLAR Y ESCUCHAR MEJOR: COMPETENCIAS DE LA COMUNICACIÓN ORAL
CÓMO HABLAR Y ESCUCHAR MEJOR: COMPETENCIAS DE LA COMUNICACIÓN ORAL

978-958-503-850-9

NIÑO ROJAS, VÍCTOR MIGUEL