En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
O Proxecto McGraw-Hill de Música para 4.º ESO corresponde ao último curso da área de Música da ESO. Neste curso non soamente se repasan e consolidan os coñecementos adquiridos até agora, senón que se analizan os elementos físicos e tecnolóxicos da música e a utilización dos ordenadores e das novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito musical. Tamén se fixará a atención sobre a faceta do músico como profesional. O libro, ademais, revolve con máis detemento o século XX, facendo particular fincapé en España. Ao mesmo tempo, nun momento en que os diferentes continentes e culturas se relacionan cada vez máis intensamente, non pode faltar unha inmersión no ámbito das músicas do mundo.
Para lograr estes obxectivos, o libro non está estruturado como unha sinxela ferramenta de consulta, senón que proporciona os recursos necesarios para poder identificar unha obra musical e descubrir como e por que se fixo.
Os contidos que informan o libro, xunto cos outros complementos educativos que acompañan á Guía didáctica (CD de recursos e CD de audio para realizar audicións na clase relacionadas cos contidos e as actividades de cada unidade) constitúen un extraordinario e exhaustivo material para que o alumnado poida:
Entender a música como un fenómeno cultural e artístico profundamente interrelacionado cun determinado momento histórico da sociedade, e afondar nos fitos da expresión musical;
Valorar as distintas manifestacións musicais da sociedade ao longo da Historia e na actualidade e coñecer diferentes realidades musicais tanto do seu contorno social como de outros contornos e culturas, apreciando e respectando as diferenzas culturais;
Desenvolver as súas capacidades de percepción e a súa sensibilidade artística, ademais de enriquecer a súa capacidade de expresión através da expresión instrumental, vocal e corporal;
Adquirir un vocabulario que lle permitirá non soamente describir os fenómenos musicais senón, ao mesmo tempo, expresarse mellor e con máis exactitude nos diferentes ámbitos da vida cotiá.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.