En algunas ocasiones las existencias pueden estar erróneas o no se lo podremos conseguir en el plazo señalado. Confiamos en su comprensión y le agradecemos la confianza depositada. Esperamos no defraudarle.
O libro Física e Química 1.º Bacharelato é unha ferramenta útil para todos os alumnos que optaran por seguir un Bacharelato de Ciencias, xa que con el se obteñen os coñecementos fundamentais, tanto de Física coma de Química, para poder entender sen ningunha dificultade os conceptos das materias de Física e de Química de 2.º Bacharelato.
Ao ler con atención cada unha das Unidades didácticas que compoñen o libro, os alumnos e alumnas poderán obter de forma paulatina, progresiva e ordenada os conceptos básicos necesarios para a súa formación científica.
As características principais do libro son:
Responde fielmente ao currículo formulado polas diferentes comunidades autónomas.
Presenta os contidos con claridade, concreción e rigor, de forma que todo alumno ou alumna que teña un mínimo nivel pode seguir perfectamente as explicacións do texto e comprendelo sen problemas.
O desenvolvemento de cada Unidade complétase con exercicios de aplicación resoltos, cuestións relacionadas co tema que se trata e un cadro resumo dos diferentes contidos e conceptos explicados na Unidade a modo de recordatorio, repaso e autoavaliación.
Inclúe unha abundante batería de problemas clasificados en tres categorías: Para repasar, Para afianzar e Para afondar.
Cada Unidade complétase co apartado Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, que relaciona os conceptos explicados coas súas aplicacións na sociedade actual.
Inclúe prácticas de laboratorio facilmente realizables co fin de experimentar os conceptos explicados.
O profesor ten un Cartafol de recursos, que inclúe a Programación didáctica da materia, o solucionario de todas as actividades e exercicios, outras experiencias de laboratorio e diferentes probas de avaliación co seu correspondente solucionario.
En definitiva, un alumno cos conceptos de Física e Química 3.º e 4.º ESO ben asimilados, podería de por si conseguir un aceptable nivel de coñecementos nesta materia para 1.º Bacharelato.
Este sitio web sólo utiliza cookies propias. Puedes configurar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies propias que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.